Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Ideas Propias edita un manual para profesionais da atención sociosanitaria

Martes, 02 Marzo 2010

Nova: Ideas Propias edita un manual para profesionais da atención sociosanitaria

Intervención en la atención higiénico-alimentaria en instituciones está dirixido a profesionais encargados da atención e o apoio ás persoas dependentes residentes en institucións sociosanitarias. Está estruturado en tres partes co obxectivo de dar a coñecer os principais coidados de asistencia física que os profesionais sociosanitarios deben prestar para mellorar a autonomía, interacción...

Ler máis

Xerais leva ás librarías a obra "Feministas Galegas"

Venres, 26 Febreiro 2010

Nova: Xerais leva ás librarías a obra "Feministas Galegas"

Mónica Bar Cendón pretende mostrar o papel do feminismo na consolidación democrática e como se foron filtrando os seus postulados ata formar parte dos asuntos de Estado na actualidade. Tanto as feministas da transición, herdeiras da revolución cultural do 68 e dispostas a darlles a volta ás súas vidas en defensa da coherencia ideolóxica, como as dos anos 2000 decataríanse de que "facerse...

Ler máis

Tralo éxito en catalán, Xerais edita "A paixón de Alexandra"

Venres, 26 Febreiro 2010

Nova: Tralo éxito en catalán, Xerais edita "A paixón de Alexandra"

A obra do escritor catalán, nacido en Betanzos, Xulio Ricardo Trigo, é unha historia emocionante que nos fala dos misterios que todos levamos dentro e de como podemos compartir con outras persoas as paixóns máis secretas.

Ler máis

"Linda á espreita", novo álbum ilustrado de Xerais

Venres, 26 Febreiro 2010

Nova: "Linda á espreita", novo álbum ilustrado de Xerais

Esta é a primeira entrega desta serie protagonizada por esta simpática vaca.Composta, ata o momento, por tres títulos, foi un éxito de vendas en Alemaña dende a súa aparición en 2006. En torno a esta serie lévanse publicados libros para colorear, libros de cociña para nenos e diversos produtos de merchandising. Autor: Alexander Steffensmeier. Tradución de Mónica Góñez.

Ler máis

Xerais publica unha obra imprescindible este ano: "Uxío Novoneyra. Revisitado"

Venres, 26 Febreiro 2010

Nova: Xerais publica unha obra imprescindible este ano: "Uxío Novoneyra. Revisitado"

O libro constitúe un testemuño excepcional sobre a vida, a obra e o pensamento de Uxío Novoneyra escrito por un dos que foron os seus mellores amigos e un dos máis destacados especialistas na súa obra: Xosé Lois García. Desde unha ollada privilexiada arredor do poeta do Courel e o seu contexto, o autor vai pasando revista á concepción do universo poético de Novoneyra, ás correntes que máis...

Ler máis

"O cazador e a balea", nova historia chea de imaxinación co selo de OQO Editora

Xoves, 25 Febreiro 2010

Nova: "O cazador e a balea", nova historia chea de imaxinación co selo de OQO Editora

A autora Paloma Sánchez Ibarzábal convida a construír pontes como a mellor maneira de acabar co medo e intimidación que nos produce o descoñecemento do outro. Así tamén o fan as ilustracións de Iban Barrenetxea diluíndo quen é verdadeiramente a presa e quen o verdugo e incide no estadio de soidade na que se atopan ambos.

Ler máis

OQO edita "Caixa de cartón", segundo título da Colección Qontextos

Xoves, 25 Febreiro 2010

Nova: OQO edita "Caixa de cartón", segundo título da Colección Qontextos

Neste álbum, Txabi Arnal e mais o ilustrador iraniano Hassam Amekan únense para ofrecer unha crónica da inmigración, mais desde un punto de vista moi diferente ao que a diario nos presentan os telexornais e periódicos. Nestas páxinas non hai análises de xornalistas, nin estatísticas; só a voz valente dos protagonistas deste auténtico drama humano e vai ser unha nena a que en primeira persoa...

Ler máis

Galaxia edita a nova novela de Paul Auster: "Invisible"

Martes, 23 Febreiro 2010

Nova: Galaxia edita a nova novela de Paul Auster: "Invisible"

Nesta novela, Paul Auster apreixa o lector nunha trama que se espalla desde os anos de oposición á guerra do Vietnam, na década de 1960, ata os inicios do século XXI.

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?