Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

"A cruz dos farrapos", novo título infantil de Sotelo Blanco

Venres, 12 Marzo 2010

Nova: "A cruz dos farrapos", novo título infantil de Sotelo Blanco

Concluída a peregrinación a Compostela, os peregrinos acudían á Cruz dos farrapos para, nun acto entre ritual e hixiénico, queimar as roupas que utilizaron durante o camiño. Branco de Cores fai unha viaxe no tempo á Compostela medieval onde coñece á xograresa María Balteira e coa que vivirá unha interesante aventura.

Ler máis

Baía saca do prelo unha novela-ensaio arredor das orixes de Colón

Venres, 12 Marzo 2010

Nova: Baía saca do prelo unha novela-ensaio arredor das orixes de Colón

Unha autoridade universitaria encargoulle a Loreta un informe exhaustivo e actual que esclareza o enigma sobre a orixe de Cristobal Colón. Como o asunto non lle importa nada, traballa dende unha posición escéptica para ir desmontando por absurdas tódalas teorías, incluida a xenovesa. Á demanda do berce infalíbel de Cristovo Colón, de Loreta Lontra é unha novela con pretensións de ensaio? Un...

Ler máis

Galaxia pon á venda "A Rolda nocturna", gañadora do Premio Novela Europea

Venres, 12 Marzo 2010

Nova: Galaxia pon á venda "A Rolda nocturna", gañadora do Premio Novela Europea

A novela, asinada por Sarah Waters e traducida por Eva Almazán, desenvólvese no Londres da posguerra, logo de que a cidade sufrira os bombardeos dos avións alemáns, e conta os acontecementos e os sentimentos que van unir os destinos de catro mozas que intentan superar a memoria das privacións e os sufrimentos padecidos. 

Ler máis

Ir Indo publica o primeiro volume de "Historia de América"

Luns, 08 Marzo 2010

Nova: Ir Indo publica o primeiro volume de "Historia de América"

Por primeira vez publícase en galego unha Historia de América concibida dende a perspectiva dun manual para usos universitarios. Neste primeiro volume exponse a Historia da etapa precolombina e da etapa colonial. O segundo volume estará adicado á América Independente. Trátase dunha obra moi persoal na que o autor, Carlos Sixirei Paredes, reflicte a sua propia experiencia coma profesor de...

Ler máis

Sotelo Blanco pon á venda o libro infantil "Peregrino na sombra"

Luns, 08 Marzo 2010

Nova: Sotelo Blanco pon á venda o libro infantil "Peregrino na sombra"

A obra está encadrada na Colección Branco de Cores que recibe o nome do protagonista do libro quen intentará explicarlles aos alumnos e alumnas dun colexio todas aquelas cousas que se refiren ao Ano Santo e por iso decide levalos de visita á Catedral. Despois desta excursión, algún dos rapaces deciden volver pola súa conta e localizan unha sombra que se proxecta sobre a parede da Catedral...

Ler máis

Xerais edita "A viaxe do ser", opera prima de Manuel Pérez de Lis

Luns, 08 Marzo 2010

Nova: Xerais edita "A viaxe do ser", opera prima de Manuel Pérez de Lis

É esta unha fermosa narración dunha viaxe ás profundidades da natureza que relata, tamén, a aventura interior do camiñante na procura da esencia do ser.

Ler máis

"A do vinte e un", de Hixinio Puentes, novidade de Sotelo Blanco

Venres, 05 Marzo 2010

Nova: "A do vinte e un", de Hixinio Puentes, novidade de Sotelo Blanco

Esta obra, Premio Risco de Creación Literaria 2009, sitúanos nos primeiros anos do século XIX, cando a ambición do Gran Corso, o emperador Bonaparte, é unha ameaza para todas as nacións europeas.

Ler máis

Embora estrea a colección A igualdade conta con "O país dos mandóns"

Venres, 05 Marzo 2010

Nova: Embora estrea a colección A igualdade conta con "O país dos mandóns"

Coincidindo co Día Internacional da Muller, Edicións Embora presentou a colección de libros infantís co obxectivo de consolidar prácticas educativas que rompan coa barreira de xénero e coa xerarquización dos estereotipos e roles asignados arbitrariamente a un e outro sexo. Escritos por Paloma Rodríguez e Cristina Justo, o libro O país dos mandóns trata o asunto do patriarcado.

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?