Martes, 30 Marzo 2010
Ao pé da Laxa da Moa de Antón Cortizas recolle un labor de recolleita e transmisión da riqueza literaria oral do concello de Carnota. É abondoso o número de cantares que se recolleron, así como, adiviñas, trabalinguas, contos, lendas e máis refráns. Unha colectánea, ilustrada por Fino Lorenzo, que dá mostra do que esta terra vale e do que podería valer todo o noso país de querérmonos un pouco...
Ler máisMartes, 30 Marzo 2010
Coma un claroscuro de Caravaggio, estes «versos negros» revelan as ambigüidades das categorías de luz e sombra e constitúen unha reiteración do fóra de campo cinematográfico mediante o cal o que non está aparece. As fotografías que acompañan os textos atravesan o abismo que arreda ao individuo de todo o que está fóra del, e nun raro exorcismo iconográfico «externalizan» e dan forma á súa...
Ler máisMartes, 30 Marzo 2010
Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros de clase, protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santiago durante dezaseis días. Coa mochila ao lombo, combinando traxectos a pé e desprazamentos en autocar, estes mozos e mozas peregrinos do século XXI percorrerán un itinerario cultural fascinante que os levará dende Somport, un porto de montaña no Pireneo de Aragón,...
Ler máisMércores, 24 Marzo 2010
Trátase dun libro que reúne artigos de Luisa Castro publicados ne galego ao longo de seis anos, onde se dá conta do comenzo do novo século desde o sentir axitado de quen cría saber e debe descubrir, desde a sorpresa de quen debe escribir e desexaría calar. En todos eles o lector ha de atopar ese debate que é a marca da súa autora: pódese dicir algo que non sexa gratuíto? Pódese en realidade...
Ler máisMércores, 24 Marzo 2010
Xa coñecedes a Punver, da especie dos punki-vermiños. Punver é un verme moi punki e tamén moi despistado: mentres non atope o camiño non o dará endereitado. Ilustracións: Eduardo Hermida.
Ler máisMartes, 23 Marzo 2010
Se aparecese de súpeto un dinosauro no teu cuarto, ben seguro que te asustarías. Pero este dinosauro é un chisco especial, e iso vai descubrilo Olga dende o primeiro instante, pois é un animal ben intelixente, curioso e, sobre todo, sorprendente. Autor: Breogán Riveiro. Ilustracións: Andrés Meixide
Ler máisXoves, 18 Marzo 2010
Coeditado coa colaboración do Consorcio de Santiago, este volume recupera once monografías do célebre historiador galego do XIX, Antonio López Ferreiro. Ningunha delas - excepto a que pecha a obra- fora publicada antes en libro. Permanecían esquecidas desde fai máis dun século, cando apareceron en forma de extensos artigos integrados en revistas da época.
Ler máisMércores, 17 Marzo 2010
Gonzalo de Francisco, autor tamén da guía Orientarse pola Ribeira Sacra. Viaxe ao interior editada por Baía Edicións, salienta na introdución do presente ensaio, subtitulada "Recrearse nas lindeiras acuáticas. Viaxe ao Alén", que a costa galega, orixinal pola súa especial configuración en innumerables cabos, rías, areais, xunqueiras, acantilados e baías resulta especialmente propicia...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.