Mércores, 07 Abril 2010
Todo o mundo agarda. O cuadrilátero é o reino da espera. Todos os que alí moran naceron para esperar. Mesmo a autoridade, que nunca se deixa ver, agarda. Calar e agardar, eis a consigna. E, como o silencio é bo aliado da espera, alí todos os habitantes viven na densidade do silencio. O cuadrilátero é un concepto entre xeométrico e dramático. Como figura xeométrica, o cuadrilátero é algo...
Ler máisMartes, 06 Abril 2010
Entre os anos 1967 e 1997, George Steiner escribiu máis de cento cincuenta artigos para o semanario The New Yorker sobre unha grande variedade de cuestións, conseguindo achegar, non só a intelectuais con formación literaria, senón ao que se adoita chamar «o público xeral», libros novos e vellos, ideas complexas e temas inusuais.
Ler máisMércores, 31 Marzo 2010
Xanecas tiña catro anos, e coma todos os nenos a esa idade, era moi curioso. O que máis lle gustaba no mundo era explorar, e case cada día facía un descubrimento novo. Precisamente dunha desas pequenas descubertas cotiás fala esta historia saída da imaxinación de Ramón Aragüés e que comeza un día á hora do baño. As ilustracións son de Francesca Chessa.
Ler máis
Mércores, 31 Marzo 2010
Este libro está composto por trece relatos curtos, fala de cousas que as veces nos semellan que só nós sentimos, e resulta que, de súpeto, dámonos de conta que son tristezas e vivencias universais. Non é a biografía da autora, Marisa Pascual, aínda que as veces, coma é lóxico, as cousas veñen inspiradas polas vivencias propias, que non e o mesmo.
Ler máisMércores, 31 Marzo 2010
(Retro)visor parte desa feble liña que separa o real da ficción coa vontade de construír un espazo de identidade onde a voz se sinta cómoda. Non en van, este é un poemario confesional, aínda que configura unha confesión prometida que nunca dá chegado. Con imaxes de Win Wenders como telón de fondo e creando un lugar de silencio cheo de palabras.
Ler máisMércores, 31 Marzo 2010
Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigación arqueolóxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Península Ibérica, como tema de investigación e, sobre todo, de polémica, na década dos oitenta. Neste libro, Francisco Calo Lourido fixo un achegamento á cuestión, fuxindo dos tópicos e das repeticións miméticas do que se escribiu sobre o celtismo europeo....
Ler máisMércores, 31 Marzo 2010
Coa publicación desta segunda entrega d' O segundo sexo culmínase felizmente o proxecto de ofrecer en galego unha obra clave para entender o universo das mulleres e as coordenadas do feminismo, ao tempo que as nosas letras se enriquecen cun texto fundamental para a humanidade que xerou, despois de sesenta anos da súa aparición, unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracións,...
Ler máisMércores, 31 Marzo 2010
Este manual explica dunha maneira sinxela e completa como se debe actuar ante un accidente e como valorar o estado dos feridos e proporcionarlles axuda co obxectivo de reducir os efectos das súas lesións. Esta segunda edición recolle a lexislación sobre a materia e os protocolos de reanimación vixentes.
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.