Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Acción e misterio na nova entrega de "O brindo de Ouro", editada por Xerais

Martes, 29 Decembro 2009

Nova: Acción e misterio na nova entrega de "O brindo de Ouro", editada por Xerais

A Táboa da Hospitalidade é a segunda entrega da serie O Brindo de Ouro, iniciada con A chamada do Brindo, novela pola que Xesús Manuel Marcos obtivo o Premio Merlín 2004. Selmo, o Gardián do Brindo de Ouro, protexe ao seu pobo arxina no Pico de Brío, até que unha noite chega un guerreiro con novas que trocarán a paz das aldeas e porán ao Gardián nunha encrucillada onde nada é o que parece. Alguén quere...

Ler máis

"Tic-tac", xa soa o novo libro-disco de Kalandraka

Luns, 28 Decembro 2009

Nova: "Tic-tac", xa soa o novo libro-disco de Kalandraka

Combina música e ilustracións para o público infantil a partir de 3 anos. Está interpretado polo músico coruñés Pablo Díaz, con ilustracións de Marc Taeger, un deseñador suizo afincado en Bueu, e numerosas colaboracións musicais: Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote... Conta tamén coas achegas de Santiago Auserón e de Xurxo Souto no prólogo e no epílogo, respectivamente.

Ler máis

Galaxia repasa as obras de Luís Pimentel

Martes, 22 Decembro 2009

Nova: Galaxia repasa as obras de Luís Pimentel

Por primeira vez, publícase a Obra completa do poeta Luís Pimentel. Nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesía en galego e en castelán, textos en prosa e textos para a escena.

Ler máis

Xerais publica "Episodios galegos", de Manuel Rivas

Martes, 22 Decembro 2009

Nova: Xerais publica "Episodios galegos", de Manuel Rivas

No novo libro de xornalismo literario de Manuel Rivas irrompe Gustave Flaubert con poderosa metáfora: «Sempre intentei vivir nunha torre de marfil, mais unha marea de merda non deixa de golpear os muros, e ameaza con tirala abaixo.» Na ollada tópica sobre Galicia, esa torre de marfil sería unha escaleira na que os protagonistas permanecerían suspensos na dúbida ontolóxica de ser ou non ser. Até que...

Ler máis

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?