Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Galaxia pon nas librarías a nova novela de Carlos Reigosa "A lei das ánimas"

Mércores, 28 Abril 2010

Nova: Galaxia pon nas librarías a nova novela de Carlos Reigosa "A lei das ánimas"

O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosa. Un caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama.

Ler máis

3C3 saca o novo "Diccionario" adicado nesta ocasión a Novoneyra

Luns, 26 Abril 2010

Nova: 3C3 saca o novo "Diccionario" adicado nesta ocasión a Novoneyra

Trátase do número 10 da colección «Dicionario», a dedicada ós autores das letras galegas, que nos ofrece un completo estudo, con todos os datos e a análise da súa obra, sobre o escritor ó que a Academia lle dedica o Día das Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra, o poeta do Courel. Trátase dun volume no que se vai repasando o máis destacado da vida e da obra do noso protagonista a través das...

Ler máis

Oqo publica para os máis novos o conto "Ranilda"

Luns, 26 Abril 2010

Nova: Oqo publica para os máis novos o conto "Ranilda"

Fronte ao culto á beleza que impera na sociedade actual, Mar Pavón reivindica nesta deliciosa fábula outros valores como a autoestima e a amizade, e faino ademais cun gran sentido do humor. Ranilda, a protagonista deste divertido álbum, é unha ra moi feita, aínda que ela non o sabe. Todos os días se mira na auga, e como non lle gusta o seu aspecto, sempre está triste.

Ler máis

Xerais edita a nova obra de Teresa Moure "A Intervención"

Luns, 26 Abril 2010

Nova: Xerais edita a nova obra de Teresa Moure "A Intervención"

Un pianista retirado, unha dermatóloga, o fillo desta, estudante universitario, e mais unha das súas profesoras na facultade de Historia reúnense para constituíren un comando artístico. O seu obxectivo é levar a cabo unha performance un tanto particular, a medio camiño entre a creación estética e a toma de conciencia política. Instalados ao pé das montañas do Courel, este grupo de rebeldes...

Ler máis

Alvarellos publica o audio-libro "Tempo de elexía" cun recital de Novoneyra

Luns, 19 Abril 2010

Nova: Alvarellos publica o audio-libro "Tempo de elexía" cun recital de Novoneyra

Trátase dun audio-libro que contén, por unha banda, un CD co recital inédito e íntegro (25 minutos) ofrecido por Novoneyra en Lugo en 1982. Así mesmo, presenta a edición bilingüe galego-castelán completa dos seus poemas elexíacos. Ofrece, finalmente, unha "Autopoética", é dicir, un limiar onde o autor explica a súa obra (introdución na que se inclúen reflexións inéditas).

Ler máis

OQO propón para os máis cativos "A voda do Galo Pinto"

Luns, 19 Abril 2010

Nova: OQO propón para os máis cativos "A voda do Galo Pinto"

O amor non se conxuga con recibir ou someter senón coa alegría que supón sempre o verbo dar, quenes así nolo demostran son os verdadeiros portadores deste nobre sentimento. Juan Alfonso Belmontes lémbranolo neste orixinal triángulo amoroso entre o Galo Pinto, a nena Xiana, e a raposa da matogueira, cuxa diferente personalidade é reflectida á perfección nos orixinais e luminosos acrílicos e...

Ler máis

Xerais edita "Xuvia-Neda", novo libro de relatos de Vicente Araguas

Luns, 19 Abril 2010

Nova: Xerais edita "Xuvia-Neda", novo libro de relatos de Vicente Araguas

Este libro de relatos está composto dun par de ducias de achegamentos a ese terreo máxico, de puro realista, co que Vicente Araguas asegura manter unha relación carnal. E afellas que a través deste relatorio imos vendo como o erotismo e máis a chamada telúrica van ensamblando un conxunto onde a melancolía dos perdedores canxa coas maneiras nobres de quen miran como as luces do derradeiro...

Ler máis

Xerais edita a novela de Kirmen Uribe "Bilbao-New York-Bilbao", Premio Nacional 2009

Luns, 12 Abril 2010

Nova: Xerais edita a novela de Kirmen Uribe "Bilbao-New York-Bilbao", Premio Nacional 2009

O libro relata un voo entre o aeroporto de Bilbao e o JFK de Nova York. O autor viaxa no avión e durante a travesía dá conta tanto do proceso de creación da novela que está escribindo como das súas propias dúbidas. A novela aborda a historia de tres xeracións dunha mesma familia. A primeira, a de preguerra, protagonizada polo seu avó e os membros dunha xeración de artistas moi liberais e...

Ler máis
468 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?