Martes, 04 Maio 2010
A contemplación do acuático leva á sensación do líquido, e a auga e as súas manifestacións van ser protagonistas da obra. Nela están recollidos símbolos universalmente compartidos sobradamente do amor espiritual e carnal e outros aspectos que dan sentido ao título deste limiar que tamén marca un límite e unha porta franca para acceder ao coñecemento importante que aquí está presente.
Ler máisMartes, 04 Maio 2010
Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade Xelmírez, unha...
Ler máisVenres, 30 Abril 2010
Asinadas por por Emma Cavallé, o libro recolle 84 receitas para alérxicos ás proteínas do leite e con intolerancia á lactosa. É unha obra para gozar da boa cociña, pensada para todos os gustos, teñamos intolerancia á lactosa ou non.
Ler máisVenres, 30 Abril 2010
Esta novela narra a viaxe dun adolescente italiano que sae desde Xénova rumbo a Bos Aires na procura de fortuna, a comenzos do século XX, entre as dúas grandes guerras. A fame e a dor, a despedida da súa nai, o camiño cara ao porto cuns amigos que tamén marchan, a viaxe no barco, un naufraxio...
Ler máisVenres, 30 Abril 2010
No ano 1973 un xoven Xaquín Marín (Ferrol, 1943) debuxaba a súa primeira obra Buscando otro mundo, nunca publicada, e dous anos máis tarde A longa viaxe de volta dende as estrelas que publicaría no primeiro volume de banda deseñada galega, 2 viaxes, no que aparecía acompañada doutro traballo de Raimundo Patiño. Estas dúas historietas son as que compoñen As dúas Viaxes de Xaquín Marín. Un...
Ler máisVenres, 30 Abril 2010
O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido.
Ler máisVenres, 30 Abril 2010
Catro camiños de peregrinación. Identidades e camiños. Afirmación dos grupos humanos e descubertas (emocionais e intelectuais). Dende as orixes das culturas e das civilizacións, o rito da peregrinaxe constitúe unha das manifestacións máis activas da identidade dos colectivos humanos, as máis das veces por razóns de carácter relixioso (ou mítico), mais tamén por razóns de carácter cultural e...
Ler máisVenres, 30 Abril 2010
O profesor e poeta Arturo Casas, un dos críticos literarios galegos de maior prestixio, prologa e selecciona esta escolma da obra poética de Novoneyra. Desde os poemas da terra á poesía comprometida, da obra caligráfica ás elexías e a poesía amorosa, esta antoloxía recolle tamén a obra menos coñecida de Novoneyra, a dos poemas do Camiño de Santiago.
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.