Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Baía Edicións presenta Rubaiyat, de Omar Khaayam

Venres, 21 Maio 2010

Nova: Baía Edicións presenta Rubaiyat, de Omar Khaayam


As Ruybaiyat(...) trataban dun pracer destemido, dun dionisismo que falaba coa morte con naturalidade e concisión, economía da sintaxe (...): poemas de mocidade, transgresores, de gozo do viño, tabernarios, do paso do tempo, da natureza (no xardín), de amor erótico, de desamor, do ciclo pracer e dor, relación de opostos, da vaidade, teolóxicos, das aparencias, crítica das institucións...

Ler máis

Ellago Ediciones publica El espectador emancipado

Mércores, 19 Maio 2010

Nova: Ellago Ediciones publica El espectador emancipado

 

Ellago pública El espectador emancipado, do filósofo Jacques  Ranciére, quen  desenvolve un traballo profundamente orixinal e de longo percorrido sobre a idea da emancipación, que pasa pola estética, a política, a educación ou a historia. A obra está publicada en castelán por Ellago Ediciones. 

 

Fonte: Público

Ler máis

Galaxia propón as pezas de "Teatro feroz", de Gloria Sánchez

Luns, 10 Maio 2010

Nova: Galaxia propón as pezas de "Teatro feroz", de Gloria Sánchez

Tres obras de teatro que dan moito que ver e que rir. Sentade e abride os ollos. ¡Ánimo! Van actuar para vós. Imaxinade que se abre o pano e vedes o escenario: ¡Que bulicio! ¡Vaia xuntanza de animais curiosos! Un gato-tendeiro algo lerias, un porco orgulloso, un galo coqueto..., ¿como a pequena ratiña presumida atopará un noivo xeitoso entre eses elementos?

Ler máis

"O pintor do sombreiro de malvas", novo libro de Marcos Calveiro en Xerais

Luns, 10 Maio 2010

Nova: "O pintor do sombreiro de malvas", novo libro de Marcos Calveiro en Xerais

Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os...

Ler máis

Baía engádelle á Colección Cempés o título "Papá non sabe"

Venres, 07 Maio 2010

Nova: Baía engádelle á Colección Cempés o título "Papá non sabe"

A descrición dos monstros ruidosos que producen a chuvia, o vento..., o xogo ás agochadas que fai o sol todos os días contradí as tolas e simpáticas informacións de papá sobre os fenómenos meteorolóxicos e o noso planeta. "Papá é un monstro explicándonos o mundo... pero de onde virán os pais?"

Ler máis

Alvarellos pon no mercado o libro "Apuntes históricos sobre Santiago"

Mércores, 05 Maio 2010

Nova: Alvarellos pon no mercado o libro "Apuntes históricos sobre Santiago"

Este volume recupera once monografías do célebre historiador galego do XIX, Antonio López Ferreiro. Ningunha delas -excepto a que pecha a obra- fora publicada antes en libro. Permanecían esquecidas desde fai máis dun século, cando apareceron en forma de extensos artigos integrados en revistas da época.

Ler máis

Sotelo Blanco edita “Julio Trigo López, un mártir galego no Moncada ”

Mércores, 05 Maio 2010

Nova: Sotelo Blanco edita “Julio Trigo López, un mártir galego no Moncada ”

A vida de Julio Trigo López, o mártir galego-cubano asaltante do Moncada e membro daquel grupo de valentes que, ao mando de Abel Santamaría, combateron no Hospital Civil "Saturnino Lora", da cidade de Santiago de Cuba e que fora vilmente asasinado despois da acción polas hordas batistianas, ten raíces que nacen en Galicia e se desenvolven na Cuba neocolonial. Autor: Eduardo Milián Bernal...

Ler máis

Xerais publica un novo conto de Fina Casalderrey: "¿E ti que farías por min?"

Martes, 04 Maio 2010

Nova: Xerais publica un novo conto de Fina Casalderrey: "¿E ti que farías por min?"

Malta e Marqués viven na rúa. Cada vez cústalles máis atopar comida; hoxe só queda por buscar no vertedoiro. Marqués non se atreve a merterse no lixo, pero faille promesas a Malta: Se fose bolboreta regalaríache... Se fose xílgaro contaríache... Se fose lúa... E Malta, ¿que fai por Marqués?

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?