Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

OQO pon nas librarías o álbum "Coas mans baleiras"

Martes, 01 Xuño 2010

Nova: OQO pon nas librarías o álbum "Coas mans baleiras"

Hoxe é o aniversario de Mario e Alba está invitada a merendar na súa casa. Aínda non sabe que regalarlle e polo camiño vai pensando nun agasallo para o seu amigo. A ela ocórrenselle moitas cousas, pero non é fácil decidirse cando se quere facer un regalo especial. Da man da protagonista deste álbum da Colección O de OQO editora descubriremos que os mellores regalos non son os que se compran....

Ler máis

OQO publica dentro da Colección O "Nariz de ouro"

Luns, 31 Maio 2010

Nova: OQO publica dentro da Colección O "Nariz de ouro"

Aos tres títulos de Raquel Saiz que xa forman parte do catálogo de OQO editora cómpre engadir agora o cuarto: Nariz de ouro, publicado dentro da Colección O. O protagonista do novo álbum da autora é un neno moi serio ao que non lle chistaba que lle chamasen Eduardiño, nin sequera Edu. Pero, por suposto, na escola todos, todos lle chamaban Eduardiño e ademais ríanse do seu nariz.

Ler máis

"A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra", nova aportación de Editorial Galaxia

Luns, 31 Maio 2010

Nova: "A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra", nova aportación de Editorial Galaxia

Uxío Novoneyra está xa gravemente enfermo e rememora a súa vida, desde O Courel da II República ás rúas de Zúric onde viu, a primeiros da década de 1990, os rapaces anestesiarse con heroína. Xorden así unhas memorias concibidas con aparencia de autobiografía, nas que a figura totémica de Novoneyra o inunda todo.

Ler máis

Galaxia edita "Por que non aprendo?", unha guía práctica para pais

Luns, 31 Maio 2010

Nova: Galaxia edita "Por que non aprendo?", unha guía práctica para pais

É un libro escrito cun afán eminentemente práctico, nunha linguaxe accesible e con vocación de servir de axuda a todos aqueles (pais, nais, profesionais do ensino, orientadores...) que queren enfrontarse á problemática das dificultades de aprendizaxe. Cun estilo claramente didáctico, procurando a sinxeleza e evitando a terminoloxía especializada, Silvia Caride López explícanos como podemos...

Ler máis

"Dos soños teimosos", de Novoneyra, editado por Xerais

Luns, 31 Maio 2010

Nova: "Dos soños teimosos", de Novoneyra, editado por Xerais

Dos soños teimosos é un libro central e imprescindible para entender a  poesía de Novoneyera, unha das voces máis intensas, renovadoras e salientables da literatura galega.

En Dos soños teimosos agroma a esencia e o sentido da obra e da vida de Uxío Novoneyra. Entre o ensaio, a poesía, o xornalismo, a reflexión e a creación, o poeta vai enfiando o seu pensamento e o a súa concepción da arte...

Ler máis

Baía Edicións edita o poemario Prenderei a lareira

Xoves, 27 Maio 2010

Nova: Baía Edicións edita o poemario Prenderei a lareira


Baía Edicións presenta o seu último libro de poesía pertencente á colección Baía Branca, Prenderei a lareira.

(...) Prenderei a lareira, de Vicente Reboleiro, constitúe a mellor homenaxe que se pode facer a Uxío Novoneyra, poeta do Courel mais tamén poeta da Galiza, poeta da
nación e adaíl na defensa da nosa identidade política, cultural e lingüística; e por todo iso poeta universal, pois só...

Ler máis

Novidades de Xerais

Luns, 24 Maio 2010

Nova: Novidades de Xerais

Edicións Xerais de Galicia presenta as súas novidades editoriais:

Denso recendo salgado, primeira novela,  de Manuel Portas.

Dos soños teimosos, de Novoneyra

Guía do camiño de Santiago, de Antón Pombo

IV Premio de Diario Cultura de Teatro Radiofónico (varias obras e autores).

 

Ler máis

Viches o león?, de OQO Editora

Domingo, 23 Maio 2010

Nova: Viches o león?, de OQO Editora

Viches o león?

Colección 0

Texto de Armando Quintero
Ilustracións de Géraldine Alibeu
IDADE RECOMENDADA: de 3 a 7 anos
ISBN 978-84-9871-230-8
12,50 € | 36 páxs. | cartoné | 25x23 cm
Dispoñible tamén en ES

Viches o león?
preguntou a ra–.
Tráiolle unha carta

que recende a herba e

a flores frescas.

 

A través desta fórmula, cargada de lirismo, que a ra repite a cada un dos animais cos que se...

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?