Xoves, 10 Xuño 2010
Primeiro libro que recompila o mellor do pop-rock galego desde a súa alborada. Percorrido pola historia dos grupos musicais galegos desde Os Tamara ata os máis recentes. O traballo reúne a discografía completa con enriquecedores comentarios e anécdotas. Un doble CD acompaña o texto dando a posibilidade ao lector de escoitar algúns dos temas fundamentais do xénero. Máis info
Ler máis
Xoves, 10 Xuño 2010
Cada atardecida do mes de maio, antes de que o sol comezase a preparar a súa cama laranxa no leito das montañas, aquela muller pasaba entre as burlas dos nenos e das nenas cara ás leiras de Sobredorrío. Levaba sempre un misteriosos saco luminoso que semellaba ter dentro a luz de ducias de estrelas.
Ler máisXoves, 10 Xuño 2010
Non existe ningunha guía destas características, na que se engloben seres vivos pertencentes a cinco Reinos e inclúa unha clave de identificación dos máis frecuentes. O libro comeza cunha parte xeral, que consiste basicamente na descrición dos Reinos e os seus respectivos Phylum, na que se indican os caracteres básicos para diferenciar os grandes grupos. Máis info
Ler máis
Luns, 07 Xuño 2010
O libro nace para ofrecer un instrumento de análise, non só para alumnos de economía, senón tamén para un amplo público conformado por profesionais, licenciados ou enxeñeiros en distintas áreas e actividades que estean interesados no desenvolvemento e xestión das actividades dos recursos da pesca e o seu contorno ambiental. Así mesmo, os interesados na xestión pública ou privada destas...
Ler máisLuns, 07 Xuño 2010
Supón un relato histórico dunha das facetas da experiencia colectiva dos galegos. Este libro incorpora, dun xeito novidoso, a tradición enogastronómica e literaria conxugándoa coa sensibilidade popular e a memoria viva da cultura do viño en Galicia.
Ler máisLuns, 07 Xuño 2010
Os novos títulos da colección para descubrir de xeito claro e divertido os coñecementos científicos son:
Un veciño cheo de sorpresas Explora o Universo; Un furacán chamado Otilia Explora a Atmosfera; Sempre tes que meter o nariz Explora o Corpo Humano; Mi madriña, que paisaxe! Explora o Mundo das Plantas; Descenso ao barranco do Demo Explora as Paisaxes e Un día na granxa Explora o...
Ler máisVenres, 04 Xuño 2010
Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Autora: Elena Gallego Abad.
Ler máisMércores, 02 Xuño 2010
Pensamos que o estilo da autora, Marica Campo, vai levado por un ritmo de auga e natureza, ritmo creado pola relación variada e insistentemente contigua que hai na súa narrativa entre a muller, o mundo vexetal e animal. O espazo habitado polas mulleres e os homes que coñecen é tamén un mundo partillado polas ánimas. A miúdo a voz narrativa avanza case bailando a través das descricións, un...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.