Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Baía presenta o seu novo libro "Ninguén nace antetempo"

Venres, 25 Xuño 2010

Nova: Baía presenta o seu novo libro "Ninguén nace antetempo"

O rol da muller sempre foi o mesmo. A loita pola súa condición de igual aos homes comezou coa humanidade mesma. Non resulta unha reivindicación dos tempos actuais, senón que é máis ben unha pelexa que empeza nos albores da prehistoria. Zor e Mae, unha parella de rapaces, descobren que existe algo máis que violencia no acto de apareamento, na submisión amosada polas femias do clan. Danse conta...

Ler máis

Xerais publica a nova novela de Manuel Rivas "Todo ben"

Venres, 25 Xuño 2010

Nova: Xerais publica a nova novela de Manuel Rivas "Todo ben"

Todo ben ábrese coa noticia do asasinato de Andrés Fingoy, un rico emigrante galego aspirante á presidencia do Flamengo, no estadio de Maracaná do Río de Janeiro. Na noticia incúlpase como principal sospeitoso ao xornalista Marcos Andrade, un náufrago e poeta namorado do fútbol. Logo de intentar cambiar o mundo en varias aventuras periodísticas en Galicia, Marcos Andrade decidiu procurar novos...

Ler máis

Á venda a "Antoloxía da literatura galega 1196-1981" editada por Galaxia e Xerais

Venres, 25 Xuño 2010

Nova: Á venda a "Antoloxía da literatura galega 1196-1981" editada por Galaxia e Xerais

Esta obra proponse introducir o lector á literatura galega tal e como se leva expresando durante case oitocentos anos. Cincuenta e cinco textos de corenta autores, máis seis que son anónimos, foron especialmente escolmados por escritores e expertos de recoñecido prestixio e logo traducidos ao inglés polos principais tradutores que arestora traballan neste eido.

Ler máis

El Patito Editorial leva ás librarías "Stratos" de Miguelanxo Prado

Mércores, 23 Xuño 2010

Nova: El Patito Editorial leva ás librarías "Stratos" de Miguelanxo Prado

"Stratos" é o terceiro libro de Miguelanxo Prado que publica a  editora compostelá, que xa ten nas librarías "De Profundis" e  "Os Compañeiros. A Orde da Pedra", dentro do seu obxectivo de ir traducindo ao galego todos os seus títulos. Prado é, sen dúbida, o autor máis importante de historieta de Galicia e un dos más laureados a nivel europeo. Deseña neste álbum, mergullándose nas claves da...

Ler máis

Linteo edita "Cantos", de Friedrich Hölderlin

Luns, 21 Xuño 2010

Nova: Linteo edita "Cantos", de Friedrich Hölderlin

Aínda que Friedrich Hölderlin concebiu toda a súa obra poética, ao xeito dos rapsodas gregos, coma un canto (Gesang), utilizou tamén ese termo para designar uns determinados poemas tardíos: os que escribiu entre maio de 1801 e decembro de 1803. A novidade que entrañan os cantos é máis de fondo que de forma. Máis info

Ler máis

Xerais leva ás librarías a novela "O grito de Ipiranga"

Venres, 18 Xuño 2010

Nova: Xerais leva ás librarías a novela "O grito de Ipiranga"

Nemesio Castro, o investigador que colabora de forma ocasional coa Secretaría de Estado do Goberno da raína Isabel II, regresa do Brasil, onde como home de negocios acadara unha posición de prestixio, para desenredar un nobelo de espionaxe política no Norte de África. Autor: Luís Manuel García Mañá.

Ler máis

Galaxia edita o novo libro de Xavier Queipo "Cartas marcadas"

Venres, 18 Xuño 2010

Nova: Galaxia edita o novo libro de Xavier Queipo "Cartas marcadas"

O libro establece un xogo dobre co lector, xa que se trata duns textos difundidos previamente na web culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega, que se publican despois nun libro. Texto electrónico e texto impreso para dous tipos de lectura e momentos diferentes.

Ler máis

Baía publica para os máis pequenos "Pinoquio"

Venres, 18 Xuño 2010

Nova: Baía publica para os máis pequenos "Pinoquio"

O carpinteiro Xepeto, que sempre soñou con ter un fillo, talla un monicreque cun anaco de madeira máxica. Tan pronto como o boneco articulado, de nome Pinoquio, acode a ocupar o seu pupitre da escola, dous tunantes disuádeno do seu obxectivo. Pinoquio déixase entón levar lonxe da súa casa e do seu pai. Mais, afortunadamente, o Grilo e a Fada coidan do desobediente bonequiño... Máis info

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?