Venres, 09 Xullo 2010
A obra Un longo e tortuoso camiño. Adaptación, crise e cambio no BNG (1971-2009), da que é autor o historiador Xosé Ramón Quintana Garrido, foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008. O libro de Quintana Garrido é un ensaio interpretativo sobre o nacionalismo galego contemporáneo centrado no Bloque Nacionalista Galego (BNG). Máis info
Ler máisXoves, 08 Xullo 2010
O destino novelesco e misterioso dunha vida marcada pola busca desesperada do perdón. Quen é Wilson Valderrama? Un santo, un idealista ou un xogador de vantaxe? Por que dedicou os últimos trinta e cinco anos a mellorar as condicións de vida dos máis pobres en Colombia, o seu país natal, e dos emigrantes en Alemaña, onde vive? Por que, enfermo e fracasado, insiste en volver a América? Que o...
Ler máisXoves, 08 Xullo 2010
Trátase da crónica conmovedora dunha viaxe de supervivencia que imaxina un futuro sombrío. Un futuro explorado nos filmes e obras literarias que se teñen internado no mundo posterior a unha catástrofe nuclear. Cormac McCarthy volve sobre o tema e converte a ficción nunha obra impactante, onde está presente o mellor e o peor da condición humana. A lectura provoca unha pregunta desasosegante:...
Ler máisXoves, 08 Xullo 2010
Publicado por primeira vez en 1995, velaquí un dos libros centrais da obra de Chus Pato. En Fascinio, coma nun movemento dialéctico, a poesía establece primeiro a necesidade doutra linguaxe para logo, nun segundo momento, trazar a ponte cara ao común, cara a ese espazo de emancipación no que se recupera o silenciado. Máis info
Ler máisXoves, 08 Xullo 2010
Os títulos que forman esta colección son: Rodribico aprende a voar, Rodribico e o mar, Rodribico vai ao circo, Rodribico visita a cidade e Rodribico e a noite.Os textos son de Manuel Guisande e Xosé Tomás, e as ilustracións deste último. Máis info
Luns, 28 Xuño 2010
¿Que papel teñen as historias na nosa vida? ¿Somos o que contamos? ¿Poden os muíños, aínda que non sexan de vento, derrubar a un por terra? ¿Cantos coitelos entraron en novembro no corpo dun ditador agonizante? Neste libro, talvez unha novela, talvez un mando de relatos, as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventados, se é que non...
Ler máisLuns, 28 Xuño 2010
Un excepcional libro de relatos escritos co pano de fondo do luscofusco e o resón de melodías musicais memorables. Kazuo Ishiguro propón a lectores e lectoras un libro de relatos escritos seguindo o leit motiv da música.
Ler máisVenres, 25 Xuño 2010
O rol da muller sempre foi o mesmo. A loita pola súa condición de igual aos homes comezou coa humanidade mesma. Non resulta unha reivindicación dos tempos actuais, senón que é máis ben unha pelexa que empeza nos albores da prehistoria. Zor e Mae, unha parella de rapaces, descobren que existe algo máis que violencia no acto de apareamento, na submisión amosada polas femias do clan. Danse conta...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.