Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Ir Indo publica a compilación de relatos "Cuentos de pocas lunas"

Luns, 22 Febreiro 2010

Nova: Ir Indo publica a compilación de relatos "Cuentos de pocas lunas"

Asinado por Otilia Seijas, no libro está presente a Natureza e o que esperta o amor e o respecto por ela. Flores que ocultan segredos; rilladores que descobren misterios despois dun sinfín de peripecias; bosques con portas onde unha colexiala,  axudada por un trasno, atopará o que perdera...

Ler máis

"55 mentiras sobre a lingua galega" , a defensa da normalización lingüística feita por Laiovento

Luns, 22 Febreiro 2010

Nova: "55 mentiras sobre a lingua galega" , a defensa da normalización lingüística feita por Laiovento

A publicación, coordinada por Xosé Henrique Costas, pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador que axude á sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua...

Ler máis

Galaxia fusiona arte e literatura no libro "Jan estivo alí"

Luns, 22 Febreiro 2010

Nova: Galaxia fusiona arte e literatura no libro "Jan estivo alí"

Dentro das grandes obras de arte habita un enigma. Un misterio chamado a perdurar ao longo dos séculos. Así sucede no marabilloso retrato do matrimonio Arnolfini, que Jan van Eyck pintou en 1434. No fondo do cadro hai unha sorpresa, e desa sorpresa naceu esta historia asinada por Neira Cruz.

Ler máis

Galaxia engade á Colección Árbore "Pesadelo no tren Chocolate" de Fina Casalderrey

Luns, 15 Febreiro 2010

Nova: Galaxia engade á Colección Árbore "Pesadelo no tren Chocolate" de Fina Casalderrey

Iria e o seu irmán Lino van emprender a súa primeira viaxe en tren sós. Cando o tren chega á estación, o avó Manuel osma un agoiro no aire. Parece coma se o tren Chocolate os estivese a advertir dun perigo inminente.

Ler máis

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?