Luns, 30 Agosto 2010
Un conxunto de calas no evolucionar humano a través de vinte relatos. O título parte dunha frase de Jorge Luis Borges referida ao quefacer literario. Percorrendo un camiño que conduce de Aberdeen á Limia, de Uruk a Mondoñedo, de Atila a Pardo de Cela e á raíña Lupa, Vítor Vaqueiro mostra novamente as obsesións que caracterizan a súa obra narrativa e poética: o Tempo, o Mito, a inxustiza...
Ler máisLuns, 30 Agosto 2010
Todo o mundo lle pregunta a Xurxiño que quere ser de maior. E todo o mundo dá unha resposta antes de escoitar o que el pensa. Pero, cando por fin el mesmo o sabe, vaia sorpresa terán seus pais! Miguel Vázquez Freire é escritor e profesor nun Instituto de secundaria de Santiago de Compostela. Xosé Tomás tamén é profesor de secundaria, aínda que lle encanta comunicar coas imaxes. Xuntos xa...
Ler máisMartes, 10 Agosto 2010
Escrita por Manuel Lourenzo e Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2009, é unha fermosa peza sobre a conciencia humana inspirada nun clásico: o Macbeth de Shakespeare. O protagonista é o fillo dun dos compañeiros de armas de Macbeth, a quen este mandara asasinar. Grazas á súa astucia, chega a rei de Escocia para, finalmente, vello e moribundo, recibir a visita dos seus antecesores, os...
Ler máisLuns, 09 Agosto 2010
A nova entrega de GRIAL conmemora o centenario do nacemento do artista. Cúmprense cen anos do nacemento de Luís Seoane en Buenos Aires, fillo de emigrantes galegos. Celebramos os nacementos, non as defuncións. Máis info
Ler máisVenres, 06 Agosto 2010
O libro "Atención y apoyo psicosocial domiciliario" contén técnicas de rehabilitación psicosocial, apoio ás xestións cotiás e comunicación coa persoa dependente e o seu contorno. Máis info
Ler máis
Xoves, 05 Agosto 2010
A Xenaro Conese Maiúsculo complicanselle moito as cousas esta volta. Ademais de ter que se enfrontar cos irmáns Lourido, uns mangallóns disque malos malísimos, ten que aturar unha nena nova na súa clase, Sefi a madrileña. Por riba, o seu amigo da alma, Flipe Efes, compórtase dun xeito moi estraño, coma se agachase algún segredo. Máis info
Ler máisMartes, 03 Agosto 2010
"Sabedes o que é o amor? Eu seino ben. Non volo podo explicar, o amor séntese pero non hai unha maneira de definilo, aínda que sentir séntese con moita intensidade, podo aseguralo, sei o que digo. Chámome Barucho, Álvaro en realidade, pero o meu avó dicíame Barucho e todos me chaman así. Teño oito anos e o primeiro día da escola, cando empezaba o terceiro curso de primaria, foi máxico". Máis info
Ler máisLuns, 02 Agosto 2010
Na actualidade, o inglés é a terceira lingua máis falada do mundo e o idioma co cal é posible comunicarse en calquera parte. Deste xeito, o ensino e a aprendizaxe desta lingua estranxeira é importante desde idades temperás, xa que así se poderá familiarizar con outra lingua, outra cultura e outros costumes. Este material didáctico recolle unha serie de recursos educativos que se deben ter en...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.