Luns, 27 Setembro 2010
Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago...
Ler máisVenres, 24 Setembro 2010
Pablo Albo preséntanos neste conto unha especie de matrioska de todas as temidas e voraces feras dos contos tradicionais. O autor de A sopa queima, O último canto, Un gato na árbore e O Papón (OQO editora) realiza este orixinal repaso a través do estómago de cada unha das criaturas fantásticas que, xeración tras xeración, atemorizan nenos de todas as épocas baixo a ameaza de tragalos. Máis info
Ler máisMércores, 22 Setembro 2010
Os membros da "Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico" (LIJMI) reúnen neste volume un conxunto de estudos baixo o título Reescrituras do conto popular (2000-2009). A partir dunha introdución teórica que desvela as claves da reformulación dos referentes populares tradicionais no período temporal escollido, seis traballos analizan as obras máis...
Ler máisDomingo, 19 Setembro 2010
A través da biografía de Xesús Canabal Fuentes (Amenal, 1897-Montevideo, 1985), Manuel Losa relata tamén a historia da comunidade galega de Montevideo. A vida de Canabal, que emigrou en 1910 a América, estivo marcada pola súa actividade como empresario da industria do papel e pola súa estreita relación coas sociedades de emigrantes galegos no Uruguai. Alí presidiu a Casa de Galicia, a...
Ler máisVenres, 17 Setembro 2010
Nunha nova mostra do seu compromiso cos temas sociais, OQO editora publica o terceiro título de Qontextos, colección na que repite Antón Fortes. O autor galego abriu con Fume esta serie que, desde unha perspectiva solidaria, pretende contribuír á educación en valores e invitar á colaboración para mellorar as condicións da poboación infantil máis desfavorecida. Neste álbum abórdase o grave...
Ler máisVenres, 17 Setembro 2010
Máis alá dun sinxelo glosario de termos artísticos, este primeiro dicionario en galego de arte inclúe termos referidos a conceptos artísticos fundamentais; a períodos, etapas, movementos, estilos, caractertísticas, manifestacións etc; a diversas formulacións das representacións visuaise inclúe un cento de láminas e imaxes. Autores: Emilio de Gregorio e Armando Sendín. Máis info
Ler máisXoves, 16 Setembro 2010
Velaquí un libro que produce asombro. Asombro polo que conta e polo xeito asombroso en que o fai. Neste libro de estrutura rizomática e aparencia alegórica hai máis parodia que alegoría, parodia do literario, da vida e das convencións. No ronsel de Sterne e Swift, de Lewis Carroll, Kafka ou Beckett, ou das lendas tradicionais galegas e europeas das covas e dos mouros. Máis info
Ler máisMércores, 15 Setembro 2010
Este libro é moito máis que unha guía turística, pois nel recóllese todo o significativo desta comarca perfectamente diferenciada, a Terra de Soneira conformada actualmente polos concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Unha obra ambiciosa na que se contemplan os máis variados aspectos que tanto visitantes como os propios habitantes deben coñecer desta terra. Máis info
Ler máis
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.