Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Galaxia publica o conto "Brais e os demais", de Manuel Darriba

Venres, 15 Outubro 2010

Nova: Galaxia publica o conto "Brais e os demais", de Manuel Darriba

Brais só ten nove anos, pero fai cousas de maiores. É un tipo alto, por fóra e por dentro, que aspira a pasalo ben, e a quen todo chama a atención. Vén coñecer a súa vida e todas as cousas fascinantes que pasan no seu barrio, cheiño de veciños ben curiosos. Máis info

Ler máis

Ir Indo publica na súa colección infantil o conto "Bicos de sol"

Xoves, 07 Outubro 2010

Nova: Ir Indo publica na súa colección infantil o conto "Bicos de sol"

O libro nace para desdramatizar o impacto que supón unha grave enfermidade no seo de calquera familia, pero especialmente para resaltar a importancia da implicación de todos os seus membros. Camiñemos con esa nai e esa filla, todo coraxe e dozura, para cruzar ese río de augas revoltas. Sofía e a súa nai farannos comprender, que cando un problema é asumido con naturalidade, comeza a ...

Ler máis

Xerais leva ás librarías "Vidas post-it" de Iolanda Zúñiga

Venres, 01 Outubro 2010

Nova: Xerais leva ás librarías "Vidas post-it" de Iolanda Zúñiga

Os relatos de Vidas post-it, que tiveron unha excelente acollida por parte da crítica e, sobre todo, dos lectores, constitúen o primeiro e sólido paso adiante dado na literatura por unha das autoras galegas revelación dos últimos anos: Iolanda Zúñiga, recente Premio Xerais de Novela. Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidas post-it son relatos curtos, concisos e veloces, que alimentan un...

Ler máis

Galaxia engádelle á colección Tartaruga o conto "Un baño de gargalladas"

Venres, 01 Outubro 2010

Nova: Galaxia engádelle á colección Tartaruga o conto "Un baño de gargalladas"

A súa nai e o seu pai non o levan nada ben. Pero eles saben como facer para que a pequecha entenda que a auga e o xabrón sonche importantes... incluso para as nécoras. Autora: Rosa Llorente. Máis info

Ler máis

Galaxia pon nas librarías o conto "Un soño na bandexa"

Venres, 01 Outubro 2010

Nova: Galaxia pon nas librarías o conto "Un soño na bandexa"

Un fermoso álbum para os que cren nos soños lindos. Un soño na bandexa, de Mariné Lorenzo Corcoba é un fermoso soño, ou non? Cóntanos o que pasaría se un día se nos dese por pedir cousas moi especiais a un camareiro disposto a soñar con nós. Máis info

Ler máis

Alvarellos edita o ensaio en clave feminista "Parir a liberdade"

Venres, 01 Outubro 2010

Nova: Alvarellos edita o ensaio en clave feminista "Parir a liberdade"

Trátase dun amplo ensaio da xornalista luguesa Elvira Fente onde se traza un documentado percorrido polo movemento de liberación da muller en Galicia dende 1975 ata a actualidade. A obra divídese en tres apartados: os albores da loita feminista, os eixes temáticos que ocuparon as reivindicacións desde o seu nacemento e, finalmente, os testemuños das mulleres que estiveron na fronte de batalla...

Ler máis

Biblos publica a nova novela de Marica Campo "Onde houbo lume"

Venres, 01 Outubro 2010

Nova: Biblos publica a nova novela de Marica Campo "Onde houbo lume"

Marica Campo súmase este bimestre á colección Mandaio con Onde houbo lume, e nesta nova novela explora, máis unha vez, o complexo universo das vidas femininas contadas non como decorado, complemento ou contraste estilístico, senón desde dentro delas mesmas e desde o afán por as comprender na súa especificidade.

Ler máis

"Asasinato no Consello Nacional", nova novela de intriga presentada por Xerais

Luns, 27 Setembro 2010

Nova: "Asasinato no Consello Nacional", nova novela de intriga presentada por Xerais

Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago...

Ler máis
468 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?