Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

A editorial Galaxia publica "O imposible de desatar", de Iván García Campos

Luns, 15 Novembro 2010

Nova: A editorial Galaxia publica "O imposible de desatar", de Iván García Campos

Xa está nas librerías o Premio Blanco Amor 2010. Os lectores de todo o país xa poden disfrutar do novo premio Blanco Amor de Novela, que este ano recaeu nun autor que comeza a súa andaina literaria, Iván García Campos, coa súa obra O imposible de desatar, unha obra que sorprendeu ao xurado pola súa forza narrativa.
Na novela, o lector vai ter que ir compoñendo, coma se dun crebacabezas se...

Ler máis

Xerais publica a obra gañadora do Premio Merlín: "A filla do ladrón de bicicletas"

Xoves, 11 Novembro 2010

Nova: Xerais publica a obra gañadora do Premio Merlín: "A filla do ladrón de bicicletas"

O xurado do premio Merlín que outorgou o recoñecemento a esta primeira novela de Teresa González Costa salientou "A perfecta combinación de tenrura e humor dunha historia cuxo fío condutor é unha bicicleta que se converte en personaxe, á beira da protagonista, e que guía con eficacia o desenvolvemento da historia". Máis info

 

Ler máis

Baía Edicións edita "A illa do tesouro", de Robert L. Stevenson

Xoves, 11 Novembro 2010

Nova: Baía Edicións edita "A illa do tesouro", de Robert L. Stevenson

Baía Edicións publica a versión galega d'A illa do Tesouro, de Robert L. Stevenson. Esta historia dirixida a lectores de de máis de 6 anos conta, nun día de moito vento, que alguén peta na porta do «Almirante Benbow», a pousada dos pais de Jim Hawkins. É Billy Bones, un vello pirata que garda no seu cofre un gran segredo: o mapa do capitán Flint! O mapa da illa do tesouro! Para Jim e os seus...

Ler máis

Xa está nas librarías "Periferia" a obra gañadora do Premio Xerais 2010

Mércores, 10 Novembro 2010

Nova: Xa está nas librarías "Periferia" a obra gañadora do Premio Xerais 2010

O xurado do premio xerais 2010 que outorgou por unanimidade o recoñecemento a esta primeira novela de Iolanda Zuñiga salientou "que ‘Periferia' constitúe unha achega necesaria á renovación da narrativa galega a través dunha concepción potente e nítida de cal debeser unha forma de narrar para o tempo actual.Un relato compacto, potente, extenso e verdadeiramente fascinante, cun enorme poder de...

Ler máis

"Noites, amenceres e… algo máis", novo poemario editado por Ir Indo

Martes, 02 Novembro 2010

Nova: "Noites, amenceres e… algo máis", novo poemario editado por Ir Indo

Logo do éxito de Pel de muller, o primeiro libro de Asun Estévez co que Ir Indo Edicións iniciou a colección de poesía, achega aos lectores este segundo baixo o nome Noites, Amenceres... E algo máis coa seguranza que non os defraudará. Os lectores poderán revivir no seu cerne sensacións xa sentidas pero nunca expresadas con palabras. A poesía, a de Asun Estévez tamén, logra avivecer en ...

Ler máis

"O segredo de Marco Polo", de Fran Castro, nova aventura publicada por Galaxia

Martes, 02 Novembro 2010

Nova: "O segredo de Marco Polo", de Fran Castro, nova aventura publicada por Galaxia

Nesta nova novela, publicada na colección Costa Oeste de Galaxia, o autor viaxa á Venecia do século XIII para construír unha historia de amor entre un xove soldado, fillo do militar máis importante da cidade (un home dominante que ten anulada a capacidade de decisión do seu fillo), e unha principessa, Naia, fermosa e adorada por toda a cidade. Máis info

Ler máis

Xerais inclúe na colección Merín o conto "Xoa"

Venres, 22 Outubro 2010

Nova: Xerais inclúe na colección Merín o conto "Xoa"

Cando Xoa naceu, houbo festa rachada. Ninguén acordaba outra igual no campeiro. Os seus habitantes bailaron e bailaron ata non poder máis, contentos coma carricantas. E é que había tempo que naquel lugar non viña ao mundo unha xoaniña. Os veciños foron un por un darlle os parabéns á nai, que acoleiraba a Xoa con duzura. Autor: Antonio Yáñez Casal, ilustrador: Rodrigo Chao. Máis info

 

Ler máis

Fina Casalderrey publica en Galaxia o relato "Un can no piso"

Martes, 19 Outubro 2010

Nova: Fina Casalderrey publica en Galaxia o relato "Un can no piso"

¡Un can no piso!, berraron ao tempo papá e mamá... ¡Nin que topasen cunha serpe velenosa! Pero Ton é unha bola de pelos que non fai mal a ninguén... Máis info

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?