Venres, 17 Decembro 2010
Baía Edicións publica a obra 20000 leguas baixo dos mares, de Xulio Verne. Conta a historia de Pierre Aronnax, Conseil e Ned Land, que mortos de frío e case sen folgos, atópanse na auga a lombos dun monstro. Só entón se decatan de que non se trata nin dunha balea, nin dunha criatura mariña, senón dunha estraña máquina submarina, o Nautilus!De súpeto, ábrese un zapón e os nosos amigos son...
Ler máisMartes, 14 Decembro 2010
Nigra Trea edicións publica a obra de Isidro Dubert e do ilustrador Jaime Asensi,"Bartolomé Rajoy y Losada, arzobispo y señor de Compostela" pertencente a colección de Historias de Santiago que conta a historia do arzobispo entre os anos 1751 e 1772. O longo desos vinteún anos desenvolveu unha intensa labor pastoral, asistencial, política e artística que deixou unha particular impronta tanto...
Ler máisMartes, 14 Decembro 2010
Ramón Marcos (Lugo, 1962) é o creador desta historia de aventuras e misterio na que o debuxante amosa o seus espléndidos recursos. A protagonista é a intrépida e afouta Silvana. Seu pai, o famoso explorador Jorge Baena, atópase na selva de Sumatra levando a cabo unha expedición zoolóxica. Silvana irá reunirse con el para pasar as vacacións e viaxará acompañada por seu tío Hércules, un...
Ler máisMartes, 14 Decembro 2010
Do autor Emilio Grandío Seoane, este é un libro, pertencente a colección Porta de papel, que fala do réxime democrático xurdido tras as eleccións do 12 de abril de 1931 segue sendo un mundo alleo, misterioso e hermético.
A Segunda República é unha grande descoñecida para a inmensa maioría da sociedade galega. Neste traballo preténdese un primeiro achegamento ao significado daquel réxime...
Ler máisMartes, 14 Decembro 2010
A colección Linteo Infantil e Xuvenil edita un libro, traducido por Manuel Ramos, que nos ensina a sentirnos a gusto con nós mesmos. Texto e ilustracións xúntanse para crear un mundo máxico perfectamente recoñecible como os debuxos infantís de Louise, a filla pequena da autora
Ler máis
Martes, 14 Decembro 2010
Dentro da colección A lume lento atópase esta nova obra editada por Alvarellos que narra unha viaxe inédita pola gastronomía galega que comeza na provincia máis xenuína, Ourense. Polo autor de "45 recetas con ortigas" libro gañador de dous premios Gourmand en 2006.
Ler máisMartes, 14 Decembro 2010
O libro de Xosé Ramón Mariño Ferro e Xosé Manuel González Reboredo é o primeiro diccionario deste tipo, e ten por obxectivo dar a coñecer a nosa tradición cultural e, sobre todo, aportar as claves para valorala como se merece.
Ler máis
Venres, 10 Decembro 2010
A Editorial Galaxia acaba de editar a novidade Futuro imperfecto, de Xulia Alonso. Vida e literatura ás veces camiñan á par. Iso acontece neste libro, no que Xulia Alonso narra a historia máis importante da súa vida: a do seu amor por Nico e a da experiencia da súa perda.
Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia...
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.