Xoves, 23 Decembro 2010
Un novo libro de Mamá Cabra, cun conto de Gloria Sánchez e ilustracións de Kristina Sabaite Galaxia inicia unha nova colección para achegar a música aos máis pequechos e pequechas da casa: Sonárbore. E arrancamos nin máis nin menos que cun librodisco do grupo galego de moda, unha formación que non precisa presentación, Mamá Cabra.
Ola, ola, la! é moito máis ca un libro, pois ten un CD de música...
Martes, 21 Decembro 2010
Andrés José Precedo Ledo escribe para a colección Andaina "La Torre de Hércules: una geografía simbólica"
A obra fala de que non importa que un mito sexa verdadeiro sempre que se crea nel. A Torre de Hércules é o símbolo dun dos grandes mitos de Galicia que aúna as dúas grandes culturas marítimas de Occidente: a clásica e a celta
Ler máis
Martes, 21 Decembro 2010
Editorial Galaxia publica a nova novela de Víctor F. Freixanes. "Cabalo de ouros" conta cunha morea
de historias e personaxes que o escritor reúne arredor dunha partida de naipes durante os anos da posguerra, nos tempos do wolfram.
Freixanes volve nesta novela ao ámbito ficcional de "O triángulo inscrito na circunferencia", unha Vilanova de Alba deshabitada e crepuscular na que os relatos...
Ler máisMartes, 21 Decembro 2010
Enric Lluch escribe o segundo número da colección, "O vampiro" coas ilustracións de Fernando Falcone
O libro conta a historia do vampiro Ladislau que ten un problema: os seus cairos non están afiados e sen eles nin dá medo nin pode morder suculentos pescozos. E é que a vida de vampiro tamén pode ser moi dura!
Ler máis
Martes, 21 Decembro 2010
Enric Lluch edita o primeiro libro da colección O Baúl dos monstros, "A bruxa", coa axuda do ilustrador Oscar T. Perez
A bruxa Maruxa non para de meterse en leas. A última foi na casa de chocolate de Hansel e Gretel, despois de pedir o traslado. Que fará a bruxa mandona cando saiba que deixou o conto patas arriba?
Ler máis
Venres, 17 Decembro 2010
Ir Indo Edicións publica a novidade editorial Unha viaxe pola infancia é un libro sobre Educación Infantil que intenta dar a información necesaria para coñecer "como se constrúe o seu mundo" nenos e nenas nesta etapa educativa. Pensado de modo moi especial para futuras mestras e mestres que decidan exercitar as súas funcións docentes no nivel educativo; tamén para aquel profesorado que...
Ler máisVenres, 17 Decembro 2010
A Xanela e a ventá máis ben posta de todas cantas hai. Ten unhas vistas espectaculares da ría, dos montes, da cidade... Todos admiran e queren estar á caron dela...aínda que todos, todos non. Hai unha nena, a nova inquilina da casa, que nin sequera se acerca a ela...
Autor: Amalia Pérez Otero e Nieves González Prado
Ler máisVenres, 17 Decembro 2010
Hai unha Galicia visible e hai outra que non se ve inzada de reinos, cidades, vilas, illas, covas, camiños, montes e outros moitos lugares onde disque fan vida xentes anfibias e outros seres capaces de circular entrambos os mundos, o tanxible e o intanxible, o que vemos e o que temos que imaxinar. Autor: Antonio Reigosa, ilustracións: Noemí López. Máis info
Ler máis
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.