Xoves, 20 Xaneiro 2011
A obra "Os Fíos",que xa chega a sua cuarta edición, gañou o premio de narrativa breve organizado pola Fundación Repsol en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Segundo o xurado, a obra salienta pola "pulida e traballada arte narrativa do autor, pola ironía e a orixinalidade do tratamento literario e polo xogo de distanciamento intelixente que amosa o texto.
A novela de...
Ler máisXoves, 20 Xaneiro 2011
O relato que debuxa Pepe Carreiro é unha historia que se remonta á celebración orixinaria da festa do que hoxe coñecemos por S. Xoán, e que moitos séculos atrás foi a celebración do solsticio do verán. O libro pertence á colección de banda deseñada de Toxosoutos, unha editorial galega que leva moitos anos apostando por ese xénero e entre os que destaca Os barbanzóns.
Ler máis
Mércores, 19 Xaneiro 2011
O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, é un libro sobre un adolescente que é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no...
Ler máisXoves, 13 Xaneiro 2011
O autor da novela Que cara trae o día, Xeardo Méndez, relata a historia dos primeiros amores, dos amigos, fortunas e desgrazas. O libro é un relato de arrabalde da primeira xerazón que agromou nas cidades segundo medran as silvas nos solares.
Ler máis
Mércores, 12 Xaneiro 2011
Roberto Aliaga & Roger Olmos
OQO Editora
20 páxinas
Un conto cheo de lobos é un orixinal onde os lobos de todos os contos conviven xuntos:
Había lobros grandes e lobos pequenos. Lobos durmidos e lobos espertos. Lobos xigantes e lobos ananos... e lobos con máis de cen anos. Había lobos de todas as cores: verdes, azuis, vermellos... Había lobos con lentes e lobos sen lentes e lobos con...
Ler máisMércores, 12 Xaneiro 2011
En xaponés, a letra q e o número 9 son homófonos, pronúncianse kyu, de xeito que 1Q84 é, sen selo, 1984, data con sonoridade orwelliana. Esa variación na grafía reflicte a sutil alteración do mundo no que viven os personaxes desta novela, que é, tamén sen selo, o Xapón de 1984. Nese mundo en aparencia normal móvense Aomame, unha muller que traballa como instrutora nun ximnasio e, así e todo, é...
Ler máisMércores, 12 Xaneiro 2011
Linteo publica El guarda saca su peine. En el moño mora una señora. A poesía de Herta Müller xorde do mesmo veleno que a súa prosa: a conciencia de liberar o espontáneo, da imaxinación para superar o dano producido pola visión ideolóxica, aquela que coñece de antemán o seu camiño e somete a realidade e a súa linguaxe a un percorrido univoco....
Ler máis
Martes, 11 Xaneiro 2011
A arte do fracaso pode pasar por unha colección de relatos curtos, mais tamén é un tratados sobre o fracaso e o éxito no que unha serie de personaxes, na súa grande maioría escritores e outros enfermos crónicos, entran e saen dos textos co obxectivo incumprido de aprender a vivir. En palabras de Rubén Ruibal, fala das situacións nas que o ser humano, que debería estar dando o peor de si,...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.