Martes, 25 Xaneiro 2011
Gustavo Luca de Tena traduce un dos clásicos de Oscar Wilde para a colección Xabaril de Xerais
A novela conta a historia de ando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle foron co conto de que cometía un grande erro porque a casa estaba enmeigada. O propio Lord Canterville sentiuse na obriga de avisalo de que aquela pantasma lles aparecera aos...
Ler máisMartes, 25 Xaneiro 2011
"A chamada da selva" é unha obra do escritor estadounidense Jack London traducida por Gonzalo Navaza, e editada por Edicións Xerais de Galicia.
A novela conta a heroíca aventura de Buck, un dos cans que acompañaban ós homes posuídos pola febre do ouro nas frías rexións do territorio do Yukón, na fronteira entre Alaska e Canadá nos derradeiros anos do século XIX.
No outono de 1894 o...
Ler máisMartes, 25 Xaneiro 2011
O conto da colección Merlín de Antonio García Teijeiro ilustrado por Alberto Vázquez narra a historia de Don Evaristo, un home do que ninguén sabe como chegou a Vilamollada, unha vila máis ben pequena, con nubes negras e brancas que tinguen de gris as súas rúas estreitas, cun sol morno que aloumiña os tellados das casas e unha choiva que se perde no mar, facéndolle cóxegas ás ondas....
Ler máisMartes, 25 Xaneiro 2011
A novela finalista do Premio Lueiro de Novela Curta, A pregunta perfecta, será publicada por Sotelo Blanco Edicións na sua colección Medusa Narrativa.
A obra de Juan Tallón desenvólvese mediante o enigma: abonda unha pregunta para recompor as pezas do misterio? Que hai por baixo dos raís onde un instante é veloz e discutible?
Con este punto de partida o autor comeza a historia de César...
Ler máisMartes, 25 Xaneiro 2011
As horas rotas, de Chelo Suarez Muíños, foi a gañadora do Premio Lueiro Rey de Novela curta do 2010. Agora Sotelo Edicións publica a obra na súa colección Medusa Narrativa.
A novela conta o percorrido de David e Antía, dous rapaces que viven unha conmovedora historia de amor e exilio interior e exterior no bosque, os que descubran o seu rastro invisible de paxaro de voo truncado. As horas...
Ler máisLuns, 24 Xaneiro 2011
"Tres han de ser" é a nova publicación de OQO, escrita por Darabuc e ilustrada por Fátima Afonso que reinterpreta un conto popular. O relato pivota sobre a decisión dunha moza de quedar cos seus tres pretendentes, xa sexa porque así o sente ou porque non desexa casar.
Nesta obra Darabuc erixe a nai como defensora das relacións sentimentais convencionais e é ela que se opón á decisión a tres...
Ler máisXoves, 20 Xaneiro 2011
"Maruja Mallo. A pintura da nova muller" ,unha obra da colección Brétema que, pretende un achegamento á obra pictórica de Ana María Gómez González (Maruja Mallo, Viveiro, 1902-Madrid, 1995). Unha personalidade de intensa vida que alimentou unha construción icónica desenvolvida ao longo da súa existencia, a xeito de autorrealización.
O libro oriéntase na dirección de evitar o anecdótico para...
Ler máisXoves, 20 Xaneiro 2011
A obra "Os Fíos",que xa chega a sua cuarta edición, gañou o premio de narrativa breve organizado pola Fundación Repsol en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Segundo o xurado, a obra salienta pola "pulida e traballada arte narrativa do autor, pola ironía e a orixinalidade do tratamento literario e polo xogo de distanciamento intelixente que amosa o texto.
A novela de...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.