Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Berrogüetto. O pulso da terra

Martes, 17 Xaneiro 2012

Nova: Berrogüetto. O pulso da terra

A primeira biografía de Berrogüetto, xunto cun concerto en directo en CD e DVD

A partir das confesións dos membros presentes e pasados do hoxe septeto, pero tamén de numerosos colaboradores, o libro reconstrúe unha historia de éxitos e incertezas, recoñecementos internacionais, ambicións e temores, personalidades complementarias, crises e reinvencións, compromisos estéticos e ousadías, como a...

Ler máis

As fiandeiras

Martes, 17 Xaneiro 2012

Nova: As fiandeiras

Premio García Barros 2011

Un deses acontecementos recónditos que a Historia esconde. Un caleidoscopio de emocións e fervenzas humanas. Na vila da Estrada, no contexto convulso das insurreccións cantonais de fins do século XIX, debúxase un triángulo afectivo -unha rapaza, a súa mestra e unha muller valente- arredor do cal se desenvolve unha trama inquisitorial. Trátase de someter unhas mulleres...

Ler máis

Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba

Martes, 17 Xaneiro 2012

Nova: Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba

A verba directa e contundente do mestre Groba a carón dunha escolma da súa música nun CD

Diabolus in musica é un libro de conversas que repasa a súa vida, os seus afáns como músico, a súa visión do mundo e da cultura. A función social da música, a educación musical e a relación do compositor coa súa Terra.

Ler máis

Microbios e outros paquidermos

Martes, 17 Xaneiro 2012

Nova: Microbios e outros paquidermos

Premio de Narrativa Breve Repsol 2011

Máis dun cento de relatos-lóstrego nos que se reflicte a fascinación do autor por procurar un máximo efecto a partir dunha estrutura fugaz que permite abrollar a ironía e o sentido do humor.

Ler máis

Unha mirada allea sobre Galicia

Luns, 02 Xaneiro 2012

Nova: Unha mirada allea sobre Galicia

Ian Colquhoum, fotógrafo inglés afincado en Cangas vén de publicar con Morgante a súa segunda obra, Galicia Rural , unha ollada que recolle as  últimas explotacións tradicionais no agro. O ensaio plasma unha  visión íntima e respectuosa coa forma de vida " creada por ducias de xeracións de  labregos e que se está a extinguir no presente".

En palabras de Heitor Mera, prologuista da obra, o...

Ler máis

Toxosoutos edita O cráter de Olga Novo

Luns, 02 Xaneiro 2012

A súa obra poética e ensaística está marcada por unha profunda conexión co surrealismo como filosofía vital asentada no amor, na liberdade e na beleza. O espírito libertario, a procura da paixón e a intensidade, a sensualidade e un erotismo de raizame telúrica e apertura cósmica informan a linguaxe desta poeta do desbordamento.

 

Máis

 

Ler máis

As rutas de Compostela, anónimo francés

Xoves, 29 Decembro 2011

Nova: As rutas de Compostela, anónimo francés

O autor anónimo, quen asinou a súa relación de viaxe cara a Santiago de Compostela co pseudónimo do seu lugar de residencia, Saint-Laurent-d’Arce, na Xironda, en Francia, fixera esta viaxe para cumprir unha promesa: se sobrevivía á Primeira Guerra Mundial (1914-1918), coñecida coma a Gran Guerra, lle daría as grazas ao gran apóstolo Santiago de Galiza.

Ler máis

Presentación de Fantasmas de luz, de Fernández Paz, en Santiago

Venres, 16 Decembro 2011

Edicións Xerais de Galicia presenta la Livraría Couceiro de Santiago, o último libro de Agustín Fernández Paz.

Intervirán no acto Agustín Fernández Paz e Manuel Bragado.

19 de decembro
12 horas

Libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago.

Fantasmas de luz» de Agustín Fernández Paz está ilustrado por Miguel Anxo Prado. O libro trata dun dos grandes dramas contemporáneos. O da...

Ler máis
468 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?