Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Ideaspropias presenta "Apoyo Domiciliario y alimentación familiar"

Xoves, 24 Marzo 2011

Nova: Ideaspropias presenta "Apoyo Domiciliario y alimentación familiar"

Ideaspropias Editorial presenta Apoyo domiciliario y alimentación familiar, un manual didáctico das autoras Celia Manuela Barbazán Pereira e Judith Andrés Sendra, que constitúe o terceiro e último dos títulos da editorial baseados no certificado de profesionalidade de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

O Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) proporciona ao sector poboacional en...

Ler máis

O meu gato é un poeta de Fran alonso

Luns, 21 Marzo 2011

Nova: O meu gato é un poeta de Fran alonso

O meu gato é un poeta é a nova obra deseñanda e escrita por Fran Alonso, editada por Edicións Xerais para a sua colección Xerais Sopa de Libros.

O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros...

Ler máis

Historia das mulleres en Galicia. Prehistoria. Historia Antiga

Luns, 21 Marzo 2011

Nova: Historia das mulleres en Galicia. Prehistoria. Historia Antiga

A Editlorial  Nigra Trea edita o libro Historia das mulleres en Galicia. Prehistoria. Historia Antiga. O estudo está marcado por un curioso paradoxo: por unha parte temos un escaso rexistro arqueolóxio que apenas permite vislumbrar a vida das persoas, e por outra as mulleres da Galicia prerromana aparecen nun lugar moi destacado nas fontes clásicas, nas que representan o antigo estado...

Ler máis

Recendos de aire sonoro de Antonio García Teijeiro

Xoves, 17 Marzo 2011

Nova: Recendos de aire sonoro de Antonio García Teijeiro

Edicións Xerais edita a Recendos de aire sonoro, escrita por Antonio García Teijeiro e ilustrada por Fino Lorenzo para a colección Xerais Sopa de Libros.

A obra é un dialogo entre a música e a poesía. En Recendos de aire sonoro as notas musicais e as palabras danse a man e camiñan xuntas polos vieiros que trazan os versos. Nos seus poemas ecoa o violín, treme a arpa, percute o timbal, láiase...

Ler máis

A princesa Sabela de Cornelia Funke

Xoves, 17 Marzo 2011

Nova: A princesa Sabela de Cornelia Funke

A Princesa Sabela é un conto cartonado de Cornelia  Funke, ilustrado por Kerstin Meyer e traducido por María  Xesús Bello Rivas para a colección Xerais Albums.

O conto narra a historia de Sabela, unha princesa con dúas irmás. Entre as tres tiñan trinta armarios roupeiros cheos de preciosos vestidos, serventes que lles limpaban o nariz, doncelas que lles aquelaban os dormitorios....Pero...

Ler máis

Toxosoutos edita O triángulo escaleno

Xoves, 17 Marzo 2011

Nova: Toxosoutos edita O triángulo escaleno

Toxosoutos edita O triángulo escaleno, de Xosé Agrelo, con limiar de Xerardo Agrafoxo  e  Euloxio R. Ruibal.

O eixo temático, como era de agardar, estabelécese en torno ao amor. E cada personaxe enténdeo e víveo á súa maneira. Falan de sentimento, pero en realidade refírense case sempre á sexualidade. Elas amosan unha concepción máis aberta, máis sincera, máis actual; el, pola contra, segue...

Ler máis

A crise económica na época presente e a descentralización rexional

Luns, 14 Marzo 2011

Nova: A crise económica na época presente e a descentralización rexional

Editorial Toxosoutos publica o libro A crise económica na época presente e a descentralización rexional. 

Autor: Alfredo Brañas

Limiar de Xosé Manuel Beiras.

Máis información

Ler máis

Toxosoutos edita O cuadrilatero

Luns, 14 Marzo 2011

Nova: Toxosoutos edita O cuadrilatero

Todo o mundo agarda. O cuadrilátero é o reino da espera. Todos os que alí moran naceron para esperar. Mesmo a
autoridade, que nunca se deixa ver, agarda. Calar e agardar, eis a consigna. E, como o silencio é bo aliado da espera, alí
todos os habitantes viven na densidade do silencio.


O cuadrilátero é un concepto entre xeométrico e dramático. Como figura xeométrica, o cuadrilátero é algo...

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?