Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Dragal II. A metamorfose do dragón de Elena Gallego Abad

Luns, 11 Abril 2011

Nova: Dragal II. A metamorfose do dragón de Elena Gallego Abad

Edicións Xerais de Galicia publica Dragal II. A metamorfose do dragón de Elena Gallego Abad para a sua colección Fóra de Xogo.

Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro, Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura. A moza non  sabe aínda que a noticia da desaparición de Hadrián corre pola vila coma un regueiro de pólvora nin que alguén vixía de preto os seus...

Ler máis

Modesta proposición e outros ensaios de Lois Pereiro

Luns, 11 Abril 2011

Nova: Modesta proposición e outros ensaios de Lois Pereiro

Edicións Xerais de Galicia publica Modesta proposición e outros ensaios de Lois Pereiro para a colección XErais Clásicos.

A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous...

Ler máis

Exogamia 0.3. de Ramón Caride

Luns, 11 Abril 2011

Nova: Exogamia 0.3. de Ramón Caride

Exogamia 0.3 reúne media ducia de relatos, non estritamente literarios, suxestivos e non pechados, que permiten abrir un debate necesario sobre algúns dos temas científicos candentes do noso tempo.

John Brockman sostén que a ciencia é a única noticia, o único verdadeiramente novidoso que hai hoxe sobre a Terra. Na ciencia sempre hai algo novo: a internet, as células-nai, as vacinas contra a...

Ler máis

Resurreción de Lea Tobery

Luns, 11 Abril 2011

Nova: Resurreción de Lea Tobery

Xerais Edicións de Galicia publica Resurreción de Lea Tobery  e traducida por Ana Boullón.

O libro conta a historia de Emma, que aos seus dezasete anos, viviu unha experiencia próxima á morte. Nela non viu túneles luminosos nin nada semellante: pola contra, coñeceu un ser fascinante, Ethan, con quen axiña sentiu unha conexión especial, coma se por fin atopase a súa alma xemelga, o amor da súa...

Ler máis

Pedra sobre pedra de Neira Cruz

Mércores, 30 Marzo 2011

Nova: Pedra sobre pedra de Neira Cruz

Pedra sobre pedra é unha das obra gañadoras do Premio Barriga Verde 2011 de textos para monicreques na modalidade de adultos, escrito por Xosé Antonio Neira Cruz.

Pedra sobre pedra sitúase no momento da construción do Pórtico da Gloria, co Mestre Mateu «afanado en protexer a evolución e remate» da súa grande obra que, malia todos os atrancos, chegou aos nosos días como unha das máis...

Ler máis

Fábula galénica de Baía Edicións

Mércores, 30 Marzo 2011

Nova: Fábula galénica de Baía Edicións

Fábula Galénica é o texto gañador para teatros de monicreques do Premio Barriga Verde 2011 que publicado por Baía Edicións para a sua colección Barriga Verde Edicións, o autor e Inacio Vilariño e o seu ilustrador Óscar Villán.

Fábula Galénica conta as aventuras do burro da tía Lola, personaxe inmortalizado polos gaiteiros Os Dezas de Moneixas no pasodobre do mesmo nome.

En Fábula galénica...

Ler máis

Pilú pilú de Susana Irsen

Martes, 29 Marzo 2011

Nova: Pilú pilú de Susana Irsen

OQO Editora publica o libro "Pilú pilú" de Susana Irsen con ilustracións de Katharina Sieg para a sua colección O.

Dun modo divertido, Pilú Pilú! achega os pequenos á posible orixe da relación real entre os
crocodilos e os paxaros pluviais, máis coñecidos como corredores exipcios. Esta ave límpalles a
boca de restos de comida, de parasitos coma samesugas e outros invertebrados.

Este pequeno...

Ler máis

A nai do heroe de OQO Editora

Luns, 28 Marzo 2011

Nova: A nai do heroe de OQO Editora

A nai do heroe e una obra de Roberto Malo e Francisco Javier Mateos con ilustracións de Marjorie Pourchet publicada por OQO Editora.

A historia dun rei en dificultades non é nova, tampouco que o monarca decida recorrer a un habilidoso espadachín ou valente cabaleiro para acabar cos seus problemas, tal e como sucede no relato de Roberto Malo e Francisco Javier Mateos. Ao longo do álbum, hai...

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?