Luns, 02 Maio 2011
Nigra Trea publica a biografía de María Pita escrita por Carmen Saavedra Vázquez.
María Pita viviu dacabalo entre os séculos XVI e XVII, un período no que a poderosa monarquía dos Austrias amosaba xa os primeiros síntomas de debilidade. Ela mesma ía converterse en testemuña privilexiada dese mundo cambiante chamado a transformar a situación do seu país e a da súa propia contorna, aínda...
Ler máisXoves, 28 Abril 2011
Edicións Xerais de Galicia publica Svea Kött (Carne sueca) de Domingo Tabuyo. Unha novela na que o comisario Sindo Romero deberá resolver o enigma que agocha o caso do asasinato da rúa Marqués de Valdeiglesias, no cruzamento de Gran Vía con Alcalá.
Sindo Romero, comisario xefe da Sección de Investigacións Especiais (SIES), era coñecido e valorado pola súa eficacia na resolución dos casos de...
Ler máisXoves, 28 Abril 2011
Edicións Xerais de Galicia publica a obra de Eva Moreda gañadora do Premio de Creación Literaria Terra de Melide 2010, "A veiga é como un tempo distinto", unha obra que narra dende o punto de vista das mulleres o percorrido vital dunha comunidade de emigrantes durante a década de 1960
Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road. Tamén alí foi onde retomaron a súa...
Ler máisXoves, 28 Abril 2011
Edicións XErais de Galicia publica "Cara unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán" dos coordinadores Manuel Forcadela e Camiño Noia.
Cara a unha poética Feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán é unha sinxela contribución á grande homenaxe que, cremos, merecería a escritora e a cidadá María Xosé Queizán. Con ela, alén de mostrarlle o noso afecto e a nosa empatía, pretendemos...
Ler máisMartes, 26 Abril 2011
Editorial El Patito publica O Golfiño e os invasores, de Fausto, estará dispoñible para todos os seus fans. ¡Comeza a aventura!
Xa están aquí! A humanidade aínda non o sabe, pero a invasión está en marcha! O que empeza como unha tranquila tarde no parque, convértese para Golfiño e os seus amigos nunha trepidante aventura na que deberán enfrontarse a unha raza alieníxena que chega á Terra con...
Ler máisLuns, 25 Abril 2011
El Patito recupera estas brillantes creacións do ilustrador checo Miroslav Sasek (1916-1980), en edicións en galego e castelán, todo un referente dentro dos libros de viaxes destinados aos pequenos lectores, capaz de seducir tamén os adultos. Isto é París, un álbum cuxa edición orixinal data de 1959, é o primeiro destes títulos, unha peculiar guía de viaxe que homenaxea a capital francesa...
Ler máisLuns, 25 Abril 2011
OQO Editora vén de editar As aventuras de Osiño, un libro para os máis pequechos.
As aventuras de Osiño é un conto e unha unha viaxe de aprendizaxe e tránsito á madurez, con todo o que iso significa. Entre outras moitas cousas, o cambio de intereses e prioridades. Desta forma, ao principio do conto, son as abellas as que centran a súa atención: Despois de fartarsede mel, viu as abellas voando...
Ler máisLuns, 11 Abril 2011
Edicións Xerais de Galicia publica Chegamos despois a unha terra gris, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2010, de Raúl Dans para a colección Xerais Biblioteca Dramática Galega.
Raúl Dans fai un retrato desapiadado dun núcleo familiar en descomposición, en cuxo centro está Helena, esposa e nai, presa da insatisfacción e a amargura, ante o reto de afrontar unha batalla contra o...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.