Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Zimbo, de OQO Editora

Xoves, 12 Maio 2011

Nova: Zimbo, de OQO Editora

Hai lazos que se deben romper para que outros ―como os que constrúe o afecto― non rompan nunca. Esta historia emotiva tanto na prosa lírica de Arturo Abad, como nas evocadoras ilustracións de Joanna Concejo mergúllase no doloroso que resulta deixar marchar as persoas que un quere.

Irse e deixar ir nada ten que ver con deixar de querer. Arturo Abad sitúa o lector a ambos os lados do espello e...

Ler máis

Fotobiografía de Lois Pereiro, de Ouvirmos

Mércores, 11 Maio 2011

Nova: Fotobiografía de Lois Pereiro, de Ouvirmos
Esta obra achéganos ao  mundo máis persoal de Lois Pereiro a través das máis de 100 fotografías inéditas do seu  álbum familiar. Unha  sucesión de esceas dunha vida a contracorrente, narrada polo seu irmá, o xornalista, Xosé Manuel Pereiro.

EDITORIAL: OUVIRMOS
Ano: 2010
LUGAR DE EDICIÓN: Sarria
AUTORES: ROMANÍ FERNÁNDEZ, ANA, SÁNCHEZ PEREIRO, XOSÉ MANUEL, Souto, Xurxo
IDIOMA:...
Ler máis

A palabra exacta,. Biografía de Lois Pereiros, editada por Galaxia

Martes, 10 Maio 2011

Nova: A palabra exacta,. Biografía de Lois Pereiros, editada por Galaxia


A biografía que presentamos é un achegamento a Pereiro a través das persoas que máis íntima relación mantiveron con el, pero tamén coas voces que se enfrontaron á análise da súa poesía ou que, dalgún xeito, o reivindicaron. O resultado é un libro con múltiples puntos de vista onde se profundiza na figura e na obra dun dos escritores que mellor representa a individualidade en procura de...

Ler máis

Poesía completa de Lois Pereiro

Martes, 10 Maio 2011

Nova: Poesía completa de Lois Pereiro

Edicións Xerais de Galicia publica a Poesía completa de Lois Pereiro editada por Ana Acuña para a colección Xerais Clásicos.

«O profundo coñecemento que Lois Pereiro posuía da cultura e da contracultura do seu tempo, xunto coa súa experiencia vital, explican a súa particular mirada interior e exterior e a súa escrita. Os poemas e os relatos de Lois Pereiro sitúan os seres na liminalidade...

Ler máis

O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro

Martes, 10 Maio 2011

Nova: O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro

O negro leite da aurora está editado por Edicións Toxosoutos.

Autores: José Luís Calvo e Carlos Gegúndez

Limiar de Xosé Manuel Pereiro

CRONOBIOGRAFÍA

PERCORRIDO POLO SEU LABOR LITERARIO

BIBLIOGRAFÍA COMPLETA DE E SOBRE LOIS PEREIRO

POEMAS A LOIS PEREIRO:  Lino Braxe, J. Luís Calvo, Marica Campo, Joaquín Carballido Parra, Isidro Novo,Francisco J. Reija Melchor,  Manuel Rivas, Yago...

Ler máis

Lois Pereiro. Vida e obra

Martes, 10 Maio 2011

Nova: Lois Pereiro. Vida e obra

Edicións Xerais de Galicia publica a obra de Iago Mártinez, "Lois Pereiro. Vida e obra", unha obra que revela que hai detrás do mito contemporáneo das Letras Galegas.

Lois Pereiro (1958-1996) foise antes de tempo, aos 38 anos. Prometérao na súa adolescencia: «Quero escribir un libro e morrer novo, como Manuel Antonio.» Ao final escribiu máis dun. A súa obra, e en concreto a súa poesía,...

Ler máis

Manual para a pizarra dixital

Mércores, 04 Maio 2011

Nova: Manual para a pizarra dixital

A Editorial Ideas Propias vai presentar neste mes de maio o seu manual Pizarra digital, un texto co que se prentende ofrecer un recurso útil, sencillo e práctico que permita ao lector empregar  eficazmente unha pizarra dixital e...

Ler máis

María Pita, de Edicións Nigra Trea

Luns, 02 Maio 2011

Nova: María Pita, de Edicións Nigra Trea

Nigra Trea publica a biografía de María Pita escrita por Carmen Saavedra Vázquez.

María Pita viviu dacabalo entre os séculos XVI e XVII, un período no que a poderosa monarquía dos Austrias amosaba xa os primeiros síntomas de debilidade. Ela mesma ía converterse en testemuña privilexiada dese mundo cambiante chamado a transformar a situación do seu país e a da súa propia contorna, aínda...

Ler máis
468 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?