Luns, 27 Xuño 2011
Linguaxe sinxela, viva e actual
Deseño gráfico concibido para facilitar a lectura e a visión global de cada entrada
Entradas a cor e maior tamaño, para facilitar a busca e centrar a atención
Tamén a cor as categorías gramaticais, as abreviaturas e as expresións
14.000 voces directas
Máis de 28.000 voces indirectas a través das familias de palabras
Máis...
Luns, 27 Xuño 2011
Editorial Galaxia publica Cociñando ao pé da letra, unha orixinal proposta, a medio camiño entre a literatura e a cociña, coordinado pola poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. Un libro que demostra que todo pode ser cociñado. Un volume para, da man dalgúns dos nosos máis sobranceiros escritores, aprendermos pratos suxestivos. Un texto para saborear as palabras ben escritas en...
Ler máisLuns, 27 Xuño 2011
Os Sonetos de Shakespeare son un dos cumios da poesía lírica de todos os tempos. As circunstancias que rodearon a súa publicación e a ambigüidade no relativo á identidade e ao sexo dos destinatarios teñen servido de escusa a múltiples conxecturas que, se ben non contribúen á comprensión dos sonetos, proban non obstante o continuo interese que desperta esta obra. Catrocentos anos despois de ver...
Ler máisLuns, 27 Xuño 2011
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadas aventuras, estiveron na época Castrexa, na Idade...
Ler máisLuns, 27 Xuño 2011
Tamén navegar é unha escolma poética sobre a sobre carpintería de ribeira e embarcacións tradicionais, realizada por Francisco Fernández Naval.
O título, Tamén navegar, fai referencia ao poema Penélope, de Xohana Torres, e quere reflectir que as embarcacións son para navegar e só no mar, e en uso, ten pleno sentido a súa conservación. Os poemas referidos á carpintería de ribeira,...
Ler máisMércores, 15 Xuño 2011
Despois da medianoite supón un fito na literatura támil e propuxo un controvertido berro crítico dende o interior da minoría musulmá, un berro nidio e complexo. Cunha prosa de fiar moi fino, atenta ao detalle, aos tirapuxas de quen loita con forzas desiguais contra cumprir as normas e rachar con elas, a voz destemida de Salma axúdanos a penetrar no escuro, lonxe dos estereotipos e máis preto...
Ler máisMartes, 14 Xuño 2011
Xosé Manuel Pacho Blanco foi o gañador do Vº Premio de Teatro Radiofónico “Diario Cultural” da Radio Galega pola súa obra Paraísos acadando tanto o Premio do Xurado como o Premio da Audiencia.
O xurado, formado por Ana Vallés, dramaturga e directora de teatro; Vanesa M. Sotelo, dramaturga e gañadora da IV edición do premio; Camilo Franco, xornalista e crítico de teatro; Ana Rosales,...
Ler máisMartes, 14 Xuño 2011
Un dedo manchado de tinta non é unha novela, afirma categórico Gonzalo Salgueiro, ou polo menos non é unha novela ao uso, aclara el mesmo despois. E vai ser que si, que ten razón. Que isto non é unha novela e que el tampouco é un escritor que responda aos canons establecidos, nin Alberte vai ser un funcionario municipal arquetípico, nin Malulú un vendedor ambulante calquera, nin Carme, nin...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.