Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Os tres osos

Mércores, 06 Xullo 2011

Nova: Os tres osos

Inclúe CD

Un día, tres osos saíron dar un paseo mentres arrefriaban as papas do almorzo. E foi nestas cando se lles meteu na casa Cabeciña de Ouro.

Ler máis

A casiña de chocolate

Mércores, 06 Xullo 2011

Nova: A casiña de chocolate

Inclúe CD

Á beira dunha fraga inmensa vivía, cos seus dous fillos e máis a súa segunda muller, un leñador moi pobre. O rapaz chamábase Hänsel e a rapaza Gretel...

Ler máis

O raposo Colabranca

Mércores, 06 Xullo 2011

Nova: O raposo Colabranca

Xosé Carlos Caneiro, que se estrea como autor de literatura infantil, reflexiona sobre a tiranía da beleza e do superficial na relación entre os seres que poboan a terra.

O raposo Colabranca vivía só pendente de si mesmo e da súa branquísima beleza. Ata que a fraga enteira se puxo en perigo. Agora tócalle escoller: pensar só nel ou botar unha man aos que con el viven...

Ler máis

Brasil no centro

Mércores, 06 Xullo 2011

Nova: Brasil no centro

Un libro de viaxes que conxuga o ton íntimo e reflexivo do diario co relato do encontro cunha terra nova, afastada e inmensa, territorio ignoto que, como a vida, cambia conforme o tempo lle vai dando forma.

A partir do ano 2006, Rodríguez Baixeras converte Brasil na súa residencia primaveral e estival, momento a partir do cal inicia un modo de vida que lle permite un desdobramento: ser...

Ler máis

Alusión

Mércores, 06 Xullo 2011

Nova: Alusión

Este libro escolma unha sexta parte das anotacións do blog Lándoas, que o escritor e crítico literario Arturo Casas mantivo activo durante o curso 2008-2009 con amplo recoñecemento lector entre os internautas

O seu propósito declarado foi contribuír a instaurar unha crítica da destrución política a través da análise dos discursos hexemónicos e das camuflaxes do poder, con atención particular ao...

Ler máis

A vida fóra

Mércores, 06 Xullo 2011

Nova: A vida fóra

Miguel Sande retorna volve con 'A vida fóra', outro convite para lectores apaixonados polas historias intensas

Nun texto narrativo que se achega aos límites do narrado para poder contar a historia dunha vida xa case na extenuación, Miguel Sande realiza unha procura no que queda dos sentimentos e na consciencia esvaecida do tempo. A través da palabra núa e sincera, da esgazada expresión da...

Ler máis

In vino veritas

Mércores, 06 Xullo 2011

Nova: In vino veritas

Unha nova novela de Francisco Castro, na que o autor de 'Spam' aborda o xénero policial en clave de parodia.

A novela desenvólvese no ambiente da burguesía cidadá, entre adegueiros e presentadores de televisión, e descobre para os lectores os ocultos círculos do sadomasoquismo. O detective Xulio Míguez serve ao autor para sacar á luz algunhas das corruptelas da sociedade contemporánea, na que...

Ler máis

Edicición revisada do Diccionario Xerais de Primaria

Luns, 27 Xuño 2011

Nova: Edicición revisada do Diccionario Xerais de Primaria
  • Linguaxe sinxela, viva e actual

  • Deseño gráfico concibido para facilitar a lectura e a visión global de cada entrada

  • Entradas a cor e maior tamaño, para facilitar a busca e centrar a atención

  • Tamén a cor as categorías gramaticais, as abreviaturas e as expresións

  • 14.000 voces directas

  • Máis de 28.000 voces indirectas a través das familias de palabras

  • Máis...

Ler máis
468 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?