Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

In vino veritas, editada por Galaxia

Martes, 23 Agosto 2011

Nova: In vino veritas, editada por Galaxia

Unha nova novela de Francisco Castro, na que o autor de 'Spam' aborda o xénero policial en clave de parodia.
A novela desenvólvese no ambiente da burguesía cidadá, entre adegueiros e presentadores de televisión, e descobre para os lectores os ocultos círculos do sadomasoquismo. O detective Xulio Míguez serve ao autor para sacar á luz algunhas das corruptelas da sociedade contemporánea, na...

Ler máis

Contos e descontos, de Claudio Rodríguez Fer, en Toxosoutos

Luns, 22 Agosto 2011

Nova: Contos e descontos, de Claudio Rodríguez Fer, en Toxosoutos

Claudio Rodríguez Fer presentou na Feira do Libro da Coruña o volume titulado Contos e descontos, unha obra que reúne a súa narrativa completa, composta de dous libros publicados con anterioridade (Meta-relatos, escrito entre 1976 e 1983 e os paraísos eróticos, este último escrito durante a súa estadía en Nova York, Bretaña, París e Atenas entre 1984 e 2009), unha obra da mocidade que non...

Ler máis

Ramiro coñece a Estrezú, de Editorial Primera Persona

Luns, 22 Agosto 2011

Nova: Ramiro coñece a Estrezú, de Editorial Primera Persona

Ramiro ten a impresión de que alguén extraño se instalou a vivir na súa casa. Non o ve pero a súa presenza parece invadilo todo. Cal será o motivo de que mamá e papá estean tan raros? Ramiro viu a mamá envolta nunha toalla correr por toda a casa, montada nun patinete, aínda que ela o desminte.

O certo é que Ramiro está decidido a averigualo e xa atopou algunhas pistas; hai unha cousa...

Ler máis

Guille e o botón, editado por Linteo

Xoves, 21 Xullo 2011

Nova: Guille e o botón, editado por Linteo

Guille e o botón é un libro para nenos e nenas a partir dos 4 anos.  

Autores:  Saxton Freymann e Joost Elffers

Título:  Guille e Botón

Tradución: Millán Picouto

Colección: Linteo Infantil e Xuvenil

Ano: 2011, (1ª edición en galego)

Páxinas: 38

PVP: 15 Euros

 

Agardando á fiestra o Guille que cesase unha tormenta de repente viu caer unha cousa verde,

Sabía o Guille que aquel era un...

Ler máis

A miña avoa fala galego / My grandmother speaks Galician, de Linteo

Xoves, 21 Xullo 2011

Nova: A miña avoa fala galego / My grandmother speaks Galician, de Linteo

A miña avoa fala Galego / My grandmother speaks Galician é un libro para nenos e nenas a partir de 4 anos

Autor: Adela Basch

Título: A miña avoa fala galego / My grandmother speaks Galician

Tradución: Millán Picouto

Colección: Linteo Infantil e Xuvenil

Ano 2011, (1ª edición en galego)

Páxinas: 56

PVP: 15 Euros

Colección bilingüe galego e  inglés

 A Colección Bilingüe é unha serie de...

Ler máis

A tartaruga que quería durmir

Martes, 19 Xullo 2011

Nova: A tartaruga que quería durmir

A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois
de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñer o camisón, acomodar as
sabas…), alguén chama á porta. Son os seus amigos, que van chegando con agasallos
(un pucho, una torta de pera, una manta…) para acompañala antes do longo período de
sono que lle agarda. A amizade é importante e a tartaruga...

Ler máis

Cocorico é unha adaptación dun conto tradicional birmano

Martes, 19 Xullo 2011

Nova: Cocorico é unha adaptación dun conto tradicional birmano

Cocorico constitúe unha adaptación libre dun conto tradicional birmano co que os máis pequenos
aprenden a compartir, a cumprir as promesas e a escoitar os consellos daqueles que saben máis.
Neste caso, o pitiño é o causante da furia do gato, ao non lle deixar ren da merenda. Menos mal
que Mamá Galiña virá en auxilio do seu pequeno e Cocorico finalmente aprenderá unha valiosa
lección.
A ilustradora...

Ler máis

Asasinos, asasinos, asasinos, editada por Toxosoutos

Venres, 15 Xullo 2011

Nova: Asasinos, asasinos, asasinos, editada por Toxosoutos

Título: Asasinos, asasinos, asasinos

Autor: Vicente Piñeiro
Colección: Narrativa histórica
13x20cm
10.00 euros

Para escribir calquera relato histórico sempre hai unha maneira de explicalo todo como se estivesemos ante un descubrimento científico. Este coñecemento histórico revelado polas fontes aumentará a tensión de moitos ao velo aquí narrado. No entanto, non se trata de substituír a ...

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?