Martes, 31 Xaneiro 2012
Un libro cos casos máis interesantes, divertidos e simpáticos do programa CRIATURAS da TVG. Sabiades que os animaliños gozan da nosa compañía, que lles gusta xogar con nós e con outras criaturiñas…que choran, que se poñen tristes… ou que cando se mancan senten moita dor… que tamén se namoran… e que lles gusta a música…? vaia!, que só lles falta falar!
Ler máisVenres, 27 Xaneiro 2012
Relatos de terror reúne oito contos de Lovecraft ("A tumba", "Do máis alá", "Herbert West, reanimador", "O can", "A ceremonia", "El", "A besta da cova" e "O alquimista") que amosan como este xenial autor foi o inventor dun novo xénero, o conto materialista de terror, no que utiliza os símbolos que se manteñen no inconsciente das persoas para espertar eses terrores ancestrais que xacen dentro...
Ler máisVenres, 27 Xaneiro 2012
Edicións Xerais edita presenta A pomba da paz, un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática.
Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En conto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e...
Venres, 27 Xaneiro 2012
As peripecias de Jim Hawkins, do capitán Smollet, de Hohn Silver e do resto dos triopulantes da Hispaniola, significaron para varias xeracións non só a cristalización dos soñaos de mocidade de aventuras, senón tamén a realización literaria da ansia de escapismo que aniña en todo ser humano.
O texto foi traducido por Xavier...
Ler máisMércores, 25 Xaneiro 2012
Por primeira vez traducida para o galego, a obra de Goliarda Sapienza está a ser descuberta nos últimos anos por lectoras e lectores de toda Europa. Inédita ata a súa publicación en italiano neste 2011 por Einaudi Editore, a novela Eu, Jean Gabin sae na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección que Galaxia tira do prelo coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de...
Ler máisMartes, 17 Xaneiro 2012
Tempos de racionamento, de represión e de precariedade que Neira Vilas recrea con man maxistral neste emotivo monólogo.
Sara, unha mestra rural, recorda a Tomás, o seu amor de adolescencia, que marchou para o Brasil con dezanove anos e nunca máis soubo del. Nos días de agosto, sen a compaña dos nenos da escola, dóese da súa soidade e evoca o tempo ido. Son os anos da guerrilla antifranquista,...
Martes, 17 Xaneiro 2012
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2010
Neste libro sostense que a verdadeira política, a política digna de tal nome, é de natureza constitutiva, a súa cerna é a construción, a partir do que vén dado, de novos intereses, valores, preferencias e identidades.
Martes, 17 Xaneiro 2012
Premio Novela Europea Casino de Santiago 2010
Publicada orixinalmente en inglés no ano 2006, A desaparición de Esme Lennox desenvólvese en Edimburgo, na década de 1930. A familia Lennox ten problemas coa súa filla máis nova. Esme é franca e odia as convencións. Con frecuencia, avergónzaos ante a boa sociedade e hai que lle poñer remedio a este problema. Anos máis tarde, unha moza chamada Iris...
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.