Martes, 13 Outubro 2009
O contador de estrelas é unha novela que narra o peculiar verán vivido por unha adolescente chamada Antía, afeccionada aos avións e aos libros de vampiros.A trama comeza cando descobre que terá que pasar o verán coa súa nai, Rosa, no seu novo postode traballo. Rosa será a nova emisorista do Servizo Antilumes no Aeródromo de Rozas, na comarca de Lugo, un lugar que se vai ver afectado polos incendios provocados polo piloto do avión vermello.
Autor: Jaureguizar
Datos do libro: Alfaguara-Obradoiro. Colección Vermella. Desde os 14 anos.