Mércores, 01 Xullo 2009
Ir Indo Edicións publica Humor gráfico galego, de Alberto Pascual Carballo. Esta obra recolle a mellor colección do que, sobre a materia, se ten publicado en Can sen Dono, Xo! e Sapoconcho, analizando un dos períodos máis frutíferos do humor galego, dende a etapa da Transición ata a actualidade, os principios do século XXI. Marca un antes e un despois na análise detallada, case científica, da produción humorística en galego dos últimos decenios no noso país. O estudo destas tres grandes revistas, claramente representativas do humor gráfico galego, e maxistralmente interpretadas polo autor, constitúe unha visión anovadora, de interese para todo tipo de lectores.
Fonte: Ir Indo Edicións
Foto: Portada de Humor gráfico galego, de Ir Indo Edicións