Xerais presenta "Caderno do Profesorado de Educación Primaria"
Xoves, 02 Xullo 2009
Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Novidade Curso 2009/2010 publica Caderno do Profesorado de Educación Primaria, preparado por Teresa Barros Castro, José Manuel García Yanes e Natalia Roibás Blanco, que constitúe unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría nos tres ciclos da Educación Primaria.
O Caderno do Profesorado de Educación Primaria inclúe:
- Datos persoais e do Centro.
- Follas de horario do grupo e do titor ou titora.
- Calendarios 2009 e 2010.
- Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa.
- Directorio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e de organizacións sindicais do profesorado.
- Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, entrevistas familias, seguimento e notas de áreas e outras observacións.
- Fichas de avaliación para recoller a descrición de traballos, exercicios e notas de clase.
- Fichas de avaliación para rexistrar a valoración de traballos, exercicios e notas de clase.
- Páxinas para recolle notas de reunións.
- Modelos de recollida de información para as familias.
- Modelos de convocatorias para reunións e entrevistas coas familias.
Os centros que utilicen este Caderno do Profesorado de Educación Primaria recibirán no mes de setembro un cedé no que se inclúen os contidos en arquivos imprimibles (en formato pdf), ademais dunha síntese actualizada de lexislación educativa.
Fonte: Edicións Xerais de Galicia
Foto: Portada de Caderno do Profesorado de Educación Primaria, de Edicións Xerais de Galicia