Venres, 27 Xaneiro 2012
Relatos de terror reúne oito contos de Lovecraft ("A tumba", "Do máis alá", "Herbert West, reanimador", "O can", "A ceremonia", "El", "A besta da cova" e "O alquimista") que amosan como este xenial autor foi o inventor dun novo xénero, o conto materialista de terror, no que utiliza os símbolos que se manteñen no inconsciente das persoas para espertar eses terrores ancestrais que xacen dentro do noso cerebro. Trátase desa literatura de terror «cósmico» que se dirixe á parte máis fonda do cerebro, dominada polos instintos e emocións que están na orixe do xénero humano.
O autor
H. P. Lovecraft (1890-1937) naceu na costa leste dos Estados Unidos, onde levou unha vida pausada e saudosa do pasado, pois non se sentía a gusto co tempo que lle tocou vivir. Tivo especial predilección polas lecturas fantásticas e mitolóxicas e traballou para unha editorial.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.