Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Unha mirada allea sobre Galicia

Luns, 02 Xaneiro 2012

Nova: Unha mirada allea sobre Galicia

Ian Colquhoum, fotógrafo inglés afincado en Cangas vén de publicar con Morgante a súa segunda obra, Galicia Rural , unha ollada que recolle as  últimas explotacións tradicionais no agro. O ensaio plasma unha  visión íntima e respectuosa coa forma de vida " creada por ducias de xeracións de  labregos e que se está a extinguir no presente".

En palabras de Heitor Mera, prologuista da obra, o verdadeiramente relevante do libro é que reflicte "a dignidade da xente que aínda vive da terra".

É a segunda obra que Morgante publica de Iain Colquhoun este ano. A primeira obra foi O Pouso do Tempo, outra reflexión fotográfica sobre os cambios que está a sufrir a vida das aldeas.


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?