Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Edicións do Cumio edita a "Guía das fervenzas de Lugo e Ourense"

Mércores, 08 Abril 2009

Nova: Edicións do Cumio edita a "Guía das fervenzas de Lugo e Ourense"

Edicións do Cumio edita a Guía das fervenzas de Lugo e Ourense, elaborada por Ramón Muñiz de las Cuevas e Margarita Fontela Cotelo. A obra vén completar a colección de guías a toda cor que a editorial dedica a este fenómeno natural, onde se recollen as fervenzas máis fermosas das catro provincias galegas. Na guía que se presenta estes días podemos atopar claras descripcións dos roteiros e percorridos próximos á fervenza, unha ficha da mesma con fotografías, mapas e unha explicación sobre como chegar,  así como unha breve semblanza do concello onde esta se atopa. Un libro imprescindible para coñecer mellor a riqueza que agochan os ríos das terras de Lugo e Ourense.  Pódese descargar un avance gratuíto desta obra no portal web www.cumio.com.

 

Fonte: Edicións do Cumio


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?