Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Febre, de Héctor Carré, editado por Xerais

Luns, 10 Outubro 2011

Nova: Febre, de Héctor Carré, editado por Xerais

Febre gañou o Premio da Fundación NovaCaixaGalicia Claudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011. Relata un episodio, localizado na vila de Noia, daquela febre do wolframio, o ouro negro extraído clandestinamente durante os corenta, en plena II Guerra Mundial. 

Carmucha, unha moza de dazasete anos, non ten medo de nada nin se amedrenta ante ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, as atrocidades do corrupto e desapiadado cabo Marelo, e sendo consciente da actitude submisa daquelas mulleres, decide mudar o rumbo da súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes. Félix, o fillo dos caseiros da súa familia, será dende entón o seu gardacostas, máis tamén o seu máis leal conselleiro, a súa sombra... Carmucha, esta afouta heroína, terá que enfrontarse a un inimigo infinitamente máis forte ca ela para acadar a súa independencia e liberarse da tutela paterna.

Máis


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?