Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Baía Edicións publica "Deter o día cunha flor"

Venres, 27 Marzo 2009

Nova: Baía Edicións publica "Deter o día cunha flor"

Baía Edicións publica Deter o día cunha flor. Non existe a arte, só os artistas. Se así o aceptamos, podería explicarse a afinidade, a irmandade, entre dúas formas de expresión, imaxe e palabra, que se complementan. Antiga é a relación. Xa Simónides de Ceos sostiña que "a poesía é unha pintura falada, e a pintura unha poesía muda". Luz Pozo e José Valentín seguen unha tradición ben nosa: houbo épocas nas que non se concibía a edición dun libro galego sen as correspondentes ilustracións de Colmeiro, Seoane, Laxeiro, Xohan Ledo... Relación constantemente renovada, a da pintura e a poesía, que volvemos atopar nesta obra, síntese fecunda de dúas achegas a un todo harmónico.
Deter o día cunha flor, este é o título, enunciado-propósito, do libro de Luz Pozo Garza e José Valentín; Luz Pozo, unha das nosas máis grandes poetas; José Valentín, revelación serodia, pero a tempo, dun artista moito máis importante do que a súa modestia lle permite aceptar. Luz e José, dous creadores cun enfoque común de interacción e apoio.


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?