Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Cara unha poética feminista: Homenaxe a Mª Xosé Queizán

Martes, 24 Maio 2011

Nova: Cara unha poética feminista: Homenaxe a Mª Xosé Queizán

Edicións Xerais de Galicia vén de editar un libro que homenaxea á escritora galega María Xosé Queizçan, Cara unha poética feminista. Homenaxe a Mª Xosé Queizán, obra coordinada por Camiño Noia e Manuel Forcadela.

A obra é unha sinxela contribución á grande homenaxe que, cremos, merecería a escritora e a cidadá María Xosé Queizán. Con ela, alén de mostrarlle o noso afecto e a nosa empatía, pretendemos dialogar coa súa obra literaria e coa súa posición feminista a través de diferentes aparellos analíticos, incrementando o capital, xa en por si importante, de autores e autoras que teñen deitado a súa ollada sobre a súa obra e sobre o seu discurso teórico.

Máis


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?