Xoves, 28 Abril 2011
Edicións Xerais de Galicia publica Svea Kött (Carne sueca) de Domingo Tabuyo. Unha novela na que o comisario Sindo Romero deberá resolver o enigma que agocha o caso do asasinato da rúa Marqués de Valdeiglesias, no cruzamento de Gran Vía con Alcalá.
Sindo Romero, comisario xefe da Sección de Investigacións Especiais (SIES), era coñecido e valorado pola súa eficacia na resolución dos casos de características excepcionais e por ter unha habilidade singular, unha intuición que lle permitía casar as pezas dos tramados máis complexos aos que ninguén lles atopaba nin pés nin cabeza. Romero, mergullado nas saudades da súa Arousa, onde acaba de enterrar un ser querido, deberá regresar decontado a Madrid para resolver o enigma que agocha o caso do asasinato da rúa Marqués de Valdeiglesias, no cruzamento de Gran Vía con Alcalá. Un escenario moi cinematográfico para o crime do «home do abrigo beixe», un tipo de mediana idade, indocumentado, que apareceu morto ao pé dunha libraría especializada en libros palestinos e de países da área de Oriente Medio. A aparición doutro cadáver, desta volta en Cambados, que levaba na carteira un recorte de periódico, fai medrar as incógnitas. Existirá algunha conexión Madrid-Arousa entre ambos os dous crimes?
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.