Mércores, 18 Marzo 2009
Baía Edicións engade novos títulos ás coleccións Ensaio e Infantil. Tres mulleres de armas tomar é a última novidade da colección Baía Ensaio. Este libro é unha escolma das tres marías, máis antigas, precedentes de tantas e tantas mulleres loitadoras: María Castaña, María Soliña e María Balteira. Tres mulleres de armas tomar é unha nova historia coa que Baía Edicións pretende contar parte do devagar destas mulleres pola vida, cos atrancos que lles supuxo vivir no Betanzos do século XIII, no Lugo do XIV e na Cangas do Morrazo do XVII e ao que hai que engadir o feito de seren mulleres nun mundo de homes.
Baía Edicións pretende reivindicar a visibilidade das mulleres no devir histórico. Reivindicar as súas vidas, fazañas e movementos nas diferentes etapas da Historia fai que as mulleres contemporáneas teñan referentes máis que suficientes para seguir cara o camiño da igualdade como cidadás de pleno dereito.
Charles Darwin e Quen é quen?, as novidades infantís e xuvenís
Baía Edicións, con motivo do II centenario do nacemento de Charles Darwin, publica unha orixinal obra co nome do naturalista, en que o grumete do Beagle conta en primeira persoa as circunstancias e peripecias dunha travesía histórica. Con tan só dez anos, James Kincaid é un asistente do naturalista Charles Darwin no Beagle. En Charles Darwin, cóntase a vida nada aburrida do grumete metido a explorador. Entre perigosos mares, terremotos devastadores e volcáns en erupción, o Beagle seguirá a navegar, percorre baías, illas...O diario de James relata a apaixoante viaxe que derivou nunha das obras científicas máis innovadoras da Historia.
Quen é quen?, a colección de nove libros de animais en que Baía Edicións recolle cinco quebracabezas e os nenos de 1 a 4 anos atoparán divertidos animaliños. Quen é quen? está ilustrado por Sue Cony e está composta de títulos como Que dicimos?, Quen vive aquí?, Quen é o mangallón?, Quen é azul?, Quen vai contar? entre outros.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.