Luns, 16 Marzo 2009
Edicións Xerais de Galicia presenta diversas novidades dentro das coleccións de narrativa, poesía e Xerais Merlín. O sombreiro chichiriteiro, o primeiro libro infantil de Manuel Rivas e ilustrado por Patricia Castelao, acaba de saír do prelo neste mes de marzo. Edicións Xerais de Galicia presenta O sombreiro chichiriteiro como a historia de amizade dun sombreiro moi especial, o chichiriteiro, e dun neno valente chamado Simón, que viaxarán xuntos ao corazón do mundo.
Amáis, dentro da colección Xerais Poesía, Edicións Xerais de Galicia presenta o novo traballo de Claudio Rodríguez Fer, Ámote vermella, a memoria esquecida das mulleres represaliadas, con ilustracións de Sara Lamas. Ámote Vermella é o berro contra o exterminio atroz das mulleres desfeitas pola represión, contra o seu esquecemento inxusto e o silencio cómplice no que se mantivo a estas vítimas do fascismo, ao tempo que chaman en solidariedade con todas as comunidades do mundo que padecesen calquera ditadura do terror.
Con Ámote vermella, o poeta Claudio Rodríguez Fer conclúe a súa triloxía poética sobre a memoria histórica iniciada con Lugo Blues e seguida d'A Loita continúa
Peaxes e Para seguir bailando, as novidades de Xerais Narrativa
Dez magníficos relatos constitúen o novo libro de Francisco X. Fernández Naval, Para seguir bailando, editado por Xerais, onde se condensan os temas preferidos do autor: a descuberta da memoria silenciada, a condición fantástica do cotián, o abandono do medio rural, o abuso exercido sobre a muller ou o asombroso territorio da sombra. Para seguir bailando amosa a certeza de que debemos seguir bailando neste xogo da vida que é o máis firme valor que posuímos.
Xerais Narrativa complétase con Peaxes, de Santiago Lopo, fraccións de vidas que se cruzan na autoestrada. En Peaxes, a novela coa que Santiago Lopo debuta no catálogo de Xerais, conflúen todas as Galicias existentes e as imaxinadas, demostrando que a realidade e a ficción comparten a miúdo o noso destino.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.