Martes, 03 Marzo 2009
A editorial Ir Indo preséntanos as súas últimas novidades, Un médico rural en el siglo XX, de Manuel Rodríguez Troncoso e Nas ondas de Galicia, de Modesto Hermida García. Un médico rural en el siglo XX conta as vivencias do autor, como médico rural, a mediados do século XX, nos vales de Fornela e de Valdeburón (León), lonxe dos centros hospitalarios e especialistas...).
Ir Indo Edicións, Nas ondas de Galicia, de Modesto Hermida, preséntanos mensaxes do medio radiofónico que ben pagaría a pena conservar e divulgar por escrito. Entre outras, pódense considerar as correspondentes aos textos, en boa medida literarios, que Modesto Hermida compendia neste volume, unha iniciativa sen precedentes en lingua galega, que acolle a maioría das colaboracións dunha dilatada etapa como colaborador do Diario Cultural da Radio Galega, coa que Ir Indo Edicións inicia a nova colección CRÓNICA. Nestes breves artigos, alén de personaxes, circunstancias socioculturais, anaquiños de historia, atopamos paixón, moita paixón pola palabra e pola cultura de Galicia.
Fonte: Ir Indo Edicións
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.