Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Edicións Xerais de Galicia presenta as novidades da colección "Fóra de xogo"

Xoves, 26 Febreiro 2009

Nova: Edicións Xerais de Galicia presenta as novidades da colección "Fóra de xogo"

Edicións Xerais de Galicia presenta as últimas novidades da colección Fóra de xogo, que recolle títulos como o Derradeiro irmán, de Nathacha Appanah; Quen matou a Inmaculada Silva, de Marina Mayoral; Flanagan Flash-Back, de Martín e Ribera e Aire Negro, de Agustín Fernández Paz.

A colección Fóra de Xogo, de Edicións Xerais de Galicia, conseguiu nos seus máis de doce anos de vida e os seus cen volumes converterse nunha compañeira facilmente recoñecible para os mozos e mozas, nunha arca da que ir tirando historias que lles falan de conflitos persoais cos que se identifican, de problemas sociais que lles preocupan, de mundos fantásticos por descubrir, de aventuras para compartir, de momentos históricos que coñecer.

A colección Fóra de Xogo, de Edicións Xerais, vese enriquecida con estas novidades narrativas, onde se contan historias cheas de paixón, como acontece na novela máis louvada de Fernández Paz, Aire Negro, unha intensa e desacougante historia de amor, narrada cun uso maxistral do suspense e da intriga, que mantén a tensión ata a liña derradeira.

O derradeiro irmán, a sonoridade dunha canción triste

Unha novela conmovedora, que posúe sonoridade dunha canción triste, onde cada frase pode chegar a emocionar. O derradeiro irmán, é unha das novelas máis aclamadas polos lectores en Francia, onde obtivo os premios de novela FNAC 2007, o dos lectores de L'Express 2008 e o Cultura e Bibliotecas para Todos 2008

A vocación literaria, que descobre a protagonista de Quen matou a Inmaculada Silva, que a levará a tratar unha investigación no seu pasado familiar e desde esta experiencia sabe que será escritora, a súa maneira de deixar unha pegada do seu paso polo mundo, ao tempo que se decata de que a literatura como no amor sempre hai cabos soltos.

Fonte: Edicións Xerais de Galicia

Foto: Portada O derradeiro irmán, de Nathacha Appanah


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?