Martes, 10 Febreiro 2009
Edicións Xerais de Galicia publica Monbars, o Exterminador, de Hixinio Puentes, premio Eixo Atlántico de narrativa galego-portuguesa.
Monbars o Exterminador, de Hixinio Puentes é unha novela de aventuras, con alento de Stevenson ou John Steinbeck, escrita con certa tinta aceda. O protagonista rebélase e opina sobre conceptos como a lei, a autoridade, a monarquía, a liberdade, a moralidade... e realiza un canto ao mar e ás súas extraordinarias peripecias vitais. Monbars, alcumado «o anxo exterminador» pola súa xenreira aos españois é un xentilhome da segunda metade do século XVII, que pasa a súa xuventude na illa Tartaruga, no tempo dos grandes piratas do mar Caribe: o Olonés, Morgan,...
Monbars, o Exterminador é unha novela para gozar da lectura que mereceu o Premio Eixo Atlántico de Narrativa galega e portuguesa na súa última edición e finalista do Premio Xerais de Novela 2005.
Fonte: Edicións Xerais de Galicia
Foto: Portada de Monbars, o Exterminador
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.