Xoves, 08 Xullo 2010
Trátase da crónica conmovedora dunha viaxe de supervivencia que imaxina un futuro sombrío. Un futuro explorado nos filmes e obras literarias que se teñen internado no mundo posterior a unha catástrofe nuclear. Cormac McCarthy volve sobre o tema e converte a ficción nunha obra impactante, onde está presente o mellor e o peor da condición humana. A lectura provoca unha pregunta desasosegante: son posibles o amor e a esperanza no medio da barbarie inhumana e da devastación total? Máis info