Venres, 09 Setembro 2011
O Diario Oficial de Galicia - DOG- publicado o 9 de setembro, deixa sen efecto a orde pola que se convocaban as bases para a concesión de axudas á edición en galego de materiais curriculares non universitarios.
A Secretaría Xeral bótalle a culpa á política orzamentaria e aos axustes que se están a facer na administración autonómica galega. A medida, que vai repercutir na edición de...
Ler máisXoves, 08 Setembro 2011
Baía Edicións segue actualizando a súa web e vén de incorporar imaxes dos interiores dos seus libros co fin de axudar aos internautas a visualizar os mesmos facéndose unha idea do conxunto total do libro. Nesta mesma liña, Baía Edicións incorporou xa un capítulo de cada un dos libros da ...
Ler máisMartes, 06 Setembro 2011
A Feira das Industrias Culturais de Galicia está a piques de comezar a recta final da súa cuarta edición . A iniciativa foi posta en marcha no ano 2007 pola Asociación Galega de Editores no marco do Pazo da Cultura de Pontevedra, contando co apoio da Consellería de Cultura e do Concello pontevedrés, amais doutras entidades públicas e privadas.
A feira celébrase por terceira vez na cidade do...
Ler máisVenres, 02 Setembro 2011
O IGAPE patrocina a edición de dúas publicacións destinadas á venda internacional de dereitos, en inglés e castelán, das editoras galegas. A AGE concurreu a unha axuda convocada polo citado organismo no transcurso deste ano.
Os catálogos están destinados á promoción dos libros con dereitos dispoñibles das editoras galegas no exterior. As publicacións terán como principal as feiras...
Ler máisMartes, 30 Agosto 2011
A facturación dos libros de texto sufre, por segundo ano consecutivo, unha nova reducción. O incremento medio dos manuais para o curso 2011-2012 é do 2,9%, lixeiramente inferior ao IPC Interanual de xullo (3,1%).
Segundo a nota informativa de ANELE, entidade que representa ao sector editorial da edición de texto, osector mantén a súa denuncia sobre o "intervencionismo das...
Ler máisMércores, 24 Agosto 2011
O Concello de Cambados concedeu a Xavier Castro a "Folla de Prata", con motivo da quinquaxesimonovena edición da Festa do Albariño. A entrega terá lugar nunha cerimonia que se celebrará en Cambados o día 7 de agosto. O xurado valorou nomeadamente o feito de ser o autor do libro A rosa do viño, publicado por Editorial Galaxia, no que alude con amenidade e rigor ao viño albariño e tamén a Álvaro...
Ler máisMartes, 23 Agosto 2011
A AGE participa por terceira vez na Bienal do Livro de Brasil, evento que ten lugar nas dúas cidades punteiras dese enorme e emerxente estado: Sao Paulo e Río. No ano 2008 a AGE mantivo unha rolda de negocios cos editores brasileiros na que contou coa inestimable axuda e colaboración da Cámara Brasileira do Livro e da responsable do proxecto APEX para ese sector, Dolores Manzano. ...
Ler máisLuns, 22 Agosto 2011
O director de cine, José Luís Cuerda, comezará a rodar Todo e silencio, o próximo 29 de agosto. A nova película do recoñecido director cinematográfico conta cun guión baseado na novela de Manuel Rivas, de quen xa trasladar ao cine A lingua das bolboretas, relato publicado no libro Que me queres amor?
A historia contará como un grupo rapaces, mozos e mozas, vai descubrir o segredo de ...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.