Asociación Galega de Editores

Novas

Santander acolle o XXVI Encontro sobre a edición

Martes, 06 Xullo 2010

Nova: Santander acolle o XXVI Encontro sobre a edición

A Federación de Gremios de Editores de España promove, dende 1984, todos os anos a celebración dun seminario dedicado á edición, froito dun convenio de colaboración que asina coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo, co obxectivo de convocar e propiciar un foro de debate sobre as inquietudes do sector do libro do que se desprendan unhas conclusións que axuden aos seus profesionais no seu quefacer...

Ler máis

O sector editorial español vendeu 236 millóns de libros e facturou 3.110 millóns de euros no 2009

Luns, 05 Xullo 2010

Nova: O sector editorial español vendeu 236 millóns de libros e facturou 3.110 millóns de euros no 2009

O sector editorial español facturou durante o ano 2009 un total de 3.109,58 millóns de euros, o que representa unha diminución do 2,4% respecto das cifras do ano anterior, segundo os datos do estudo de Comercio Interior de Libro en España 2009, presentado hoxe pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) e patrocinado polo Ministerio de Cultura e CEDRO. A pesar deste retroceso, a cifra de...

Ler máis

O Mundial modifica a axenda da Feira do Libro de Vigo

Luns, 05 Xullo 2010

Nova: O Mundial modifica a axenda da Feira do Libro de Vigo

Cada vez que España gaña un partido en Suráfrica, o mundo do libro encaixa un gol en Vigo. Non é a teoría do caos nin unha revisión do popular efecto bolboreta; é unha faena para os escritores que van quedar sen facer promoción na Feira do Libro ante a perspectiva, pouco gorentosa, de ter que facelo mentres a escasos metros os seareiros da selección española animan os seus diante dunha pantalla xigante...

Ler máis

O pregón de Cid Cabido inaugura hoxe os actos da Feira do Libro de Vigo

Venres, 02 Xullo 2010

Nova: O pregón de Cid Cabido inaugura hoxe os actos da Feira do Libro de Vigo

O escritor Xosé Cid Cabido será o encargado de ler hoxe ás 19.00 horas o pregón da XXXVI Feira do Libro de Vigo, que abre as súas portas un ano máis na céntrica Praza de Compostela. Dende hoxe e até o próximo 11 de xullo, os vigueses poderán entrar en contacto directo cun total de 48 autores. O programa conta con diversas conferencias, encontros e a presentación dun total de case vinte novidades editoriais...

Ler máis

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?