Mércores, 10 Marzo 2010
Luís Seoane consideraba que a Idade Media fora unha época dourada na vida de Galicia. Por este motivo a súa obra foise inzando progresivamente de referencias, personaxes, a ese tempo que, en moitos sentidos, utilizou como medida para calquera futuro do país. Charo Portela rastrexou a influencia do Medievo na obra de Seoane e estudouna nun libro que acaba de publicar a Universidade de Santiago,...
Ler máisMércores, 10 Marzo 2010
Este incremento supón unha tendencia que parece sortear a crise económica xeral. A cifra deuna onte a subsecretaria do Ministerio de Cultura, Mercedes Elvira del Palacio, nunha comisión do Congreso dos Deputados, en Madrid, onde salientou que o crecemento se dera en todas as linguas cooficiais: o 39% en éuscaro e o 22% en catalán (12% en Cataluña e Baleares, e 10% en Valencia).
Del Palacio...
Ler máisMartes, 09 Marzo 2010
Galicia Bilingüe está empeñada en que o próximo curso pais e alumnos poidan elixir a lingua dos libros de texto. Tanto que a asociación que preside Gloria Lago anunciaba onte que facilitará na súa páxina web os manuais traducidos por eles mesmos ao galego e ao castelán.
Nada máis coñecer a noticia, o presidente da Asociación Galega de Editores lanzáballes unha advertencia: "Se o fan, mañá...
Ler máisLuns, 08 Marzo 2010
Co gallo da celebración hoxe do Día da Muller, a Secretaría Xeral de Igualdade e a Consellaría de Cultura asinarán un convenio polo que a Cidade da Cultura contará cunha biblioteca que, baixo o nome de Concepción Arenal de Estudos das Mulleres, compilará todo o material en cuestións de xénero e igualdade que se leva producindo en Galicia nos últimos vinte anos.
Ler máisVenres, 05 Marzo 2010
Estaleiro. Urco. Corsàrias. Positivas. Através. Acha Escrava. Edizer livros. Son só algúns exemplos de proxectos editoriais agromados no país nos últimos anos. Iniciativas concibidas desde a autoxestión, cunha perspectiva nacional e en galego. Vencelladas ao asociacionismo cultural, aos movementos sociais e á procura de alternativas aos circuítos convencionais.
Alén desa pesquisa de xeitos de...
Ler máisVenres, 05 Marzo 2010
A esmorga está a ser publicada hoxe en día de forma incompleta, como consecuencia da prohibición que impuxo no seu momento a censura franquista", así o demostra Xosé Manuel Dasilva, da Universidade de Vigo, no seu estudo "As vicisitudes editoriais d'A esmorga", que acaba de ver a luz no último número de revista Grial, o 184, dedicado á gran novela de Blanco Amor con motivo do cincuentenario da...
Ler máisXoves, 04 Marzo 2010
Forest Zhang, director de Administración do IBBY, o máis importante congreso internacional de literatura infantil e xuvenil, informou onte a Edicións Xerais de Galicia da inclusión na Lista de Honra do IBBY 2010 de O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz, como obra orixinal en galego, e do libro A noite d' O Risón de Gonzalo Moure pola calidade da tradución realizada por Ignacio...
Ler máisXoves, 04 Marzo 2010
O proxecto de dinamización lectora da asociación Espazo Lectura foi galardoado en León co segundo Premio de Dinamización Sociocultural Everest na súa primeira convocatoria. Este premio é unha iniciativa do Departamento de Relacións Institucionais do Grupo Everest cuxo obxectivo é dar a coñecer proxectos e experiencias que se realizan a nivel estatal para o fomento da cultura e o hábito...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.