Asociación Galega de Editores

Novas

A Biblioteca Dixital Hispánica conta con 3.300 obras dixitalizadas e 155 editoriais participantes

Luns, 12 Abril 2010

Nova: A Biblioteca Dixital Hispánica conta con 3.300 obras dixitalizadas e 155 editoriais participantes

Con máis de 3.300 obras dixitalizadas e 155 editoriais participantes, o proxecto ENCLAVE (http://bdh.bne.es/enclave) multiplicou por dous tanto o número de libros dixitalizados, con dereito de autor e opción de compra, como o número de editoriais participantes en apenas tres meses desde que a Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) e a Biblioteca Nacional de España (BNE), puxeron en...

Ler máis

A piratería dixital quítalle 150 millóns aos editores, segundo datos da FGEE

Venres, 09 Abril 2010

Nova: A piratería dixital quítalle 150 millóns aos editores, segundo datos da FGEE

A piratería dixital no mundo dos libros xera unhas perdas de 150 millóns de euros, superando xa á fotocopia ilegal, que rolda os 100 millóns de euros. Esta cifra foi avanzada por Antonio María Ávila, director executivo da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), despois da reunión que mantivo onte coa ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde.

Ávila, quen sinalou que estes datos...

Ler máis

Luz Pozo Garza, elixida a mellor autora nos Premios Irmandade do Libro

Xoves, 08 Abril 2010

Nova: Luz Pozo Garza, elixida a mellor autora nos Premios Irmandade do Libro

A escritora Luz Pozo Garza resultou elixida gañadora na modalidade de mellor autor nos XIX Premios Irmandade do Libro, organizados pola Federación de Libreiros de Galicia, pola súa "impecable traxectoria literaria e a fecundidade e calidade da súa obra poética".

Entre outras cuestións, o xurado do premio destacou a súa colaboración en revistas especializadas e o seu traballo en publicacións...

Ler máis

Luís Seoane, galego e arxentino, protagoniza as xornadas organizadas polo CCG

Mércores, 07 Abril 2010

Nova: Luís Seoane, galego e arxentino, protagoniza as xornadas organizadas polo CCG

A profesora Beatriz Sarlo subliñou a arxentinidade do galego Luís Seoane "porque deixou unhas marcas tan fondas que forma parte do panorama artístico arxentino". Así o dixo na conferencia que abriu o congreso internacional "Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía", organizado polo Consello da Cultura Galega e a Fundación Luís Seoane. O congreso foi inaugurado esta mañá nun...

Ler máis

O III Premio Compostela para Álbums Ilustrados vaise para Catalunya

Mércores, 07 Abril 2010

Nova: O III Premio Compostela para Álbums Ilustrados vaise para Catalunya

A obra titulada "La Familia C", con texto de Pep Bruno (Barcelona, 1971) e liustracións de Mariona Cabassa (Barcelona, 1977), é a gañadora do III Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, que organiza Kalandraka Editorial. O galardón, cunha dotación de 12.000 euros, leva aparellada a publicación do libro en galego, castelán, catalán, euskera e portugués. Os traballos do catalán...

Ler máis

Máis de 2.500 escolares de Vigo achegaranse ao mundo da arte dun xeito lúdico e creativo coa campaña Contarte

Martes, 06 Abril 2010

Nova: Máis de 2.500 escolares de Vigo achegaranse ao mundo da arte dun xeito lúdico e creativo coa campaña Contarte

A Concellaría de Educación do Concello de Vigo, en colaboración con OQO editora, bota a andar hoxe a segunda edición de Contarte, mes da arte e a literatura infantil, coa que prevé achegarlles a máis de 2.500 escolares de Vigo o mundo da arte, a través do álbum ilustrado. Dun xeito orixinal e lúdico promoverase o desenvolvemento do espírito creativo dos cativos; ofreceránselles medios para...

Ler máis

Autores e obras pásanse ao blog

Martes, 06 Abril 2010

Nova: Autores e obras pásanse ao blog

Iníciase a primavera literaria coa apertura de novos blogs literarios. O escritor Manuel Rivas, coincidindo co proceso de redacción final da súa nova novela que publicaremos despois do verán, abriu blog co título «O máis estraño» e o subtítulo «A boca da literatura». Pola súa banda, Marcos Claveiro abriu blog para cadansúa das novelas que publica neste mes de abril: Settecento en Xerais...

Ler máis

A AGE ten nova sede

Luns, 05 Abril 2010

Nova: A AGE ten nova sede

A Asociación Galega de Editores xa está a prestar os seus servizos nas novas oficinas situadas na:

Rúa das Hedras 2, 2º F.

15895 Milladoiro AMES.

A AGE mantén o mesmo número de teléfono, mesmo enderezo de correo electrónico e mesma páxina web.

Ler máis

675 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?